ESPAZO MARIÑO DAS RÍAS BAIXAS DE GALICIA

Espazos naturais
1414

Localización

Coordenadas:
42º 26' 10.4" N - 8º 59' 17.4" W

Descrición

Espazo mariño que abrangue a parte externa das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, así como a área peláxica contigua a estas. As augas da zona caracterízanse pola súa elevada produtividade e riqueza, o que explica que este espazo sexa un excelente lugar para a cría de multitude de peixes, moluscos e crustáceos. O espazo destaca polas importantes concentracións de furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), durante os meses de verán, tanto de alimentación como de muda, e por ser unha das mellores zonas da península para a invernada do mobella grande) (Gavia immer) e a mergo cristado (Mergus serrator). Na contorna do espazo encóntranse as colonias de cría de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis aristotelis) máis importantes do litoral atlántico español, así como as maiores concentracións españolas de gaivota patiamarela (Larus michahellis). Tamén é salientable a presencia de pardela cincenta (Calonectris diomedea) e de paíño europeo (Hydrobates pelagicus), que se reproducen en pequenos números no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A situación xeográfica desta zona explica a súa importancia como lugar de paso para varias especies de aves mariñas en migración. Entre elas destaca a gaivota de Sabine (Larus sabini), moi abundante durante o outono en zonas ligadas ao bordo da plataforma continental. De feito, esta ZEPA probablemente alberga as concentracións máis importantes desta especie en toda Europa, xunto coa ZEPA Espazo mariño da Costa da Morte.

Superficie

2218,65 km2
Natureza Espazos naturais Zona especial protección de aves (ZEPA)
Arriba
Axúdanos a mellorar!