SANTA CLARA

Relixioso
3291
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa San Roque, s/n

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 07.9" N - 8º 32' 26.9" W
+34 981 583 888

Descrición

Convento de clausura da orde das Clarisas. Fundado en 1260 con doazóns populares e o dote de Dna. Violante de Castilla, esposa do rei Alfonso X o Sabio, agrándase no s. XVI coas doazóns de Dna. Isabel de Granada, neta de Boabdil e abadesa do convento. O edificio actual constrúese entre os ss. XVII e XVIII, traballando nel Domingo de Andrade, fray Gabriel Domínguez e Simón Rodríguez. Este último realiza a fachada-pano que dá paso ao patio interior que comunica coa igrexa. Realizada en cadeirado de granito, estrutúrase en tres rúas; é de grande dinamismo debido ao xogo de luces e sombras provocado pola profusa decoración centrada na rúa central e os seus tres corpos: grandes cornixas, frontóns partidos, placas, volutas e, rematando, os grandes cilindros que dan sensación de inestabilidade.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Clarisas
Arriba
Axúdanos a mellorar!