MUSEO DO POBO GALEGO

Museos e coleccións
3331
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Costa de San Domingos 3

15703  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 57.8" N - 8º 32' 20.9" W

Descrición

Situado no convento de San Domingos de Bonaval, dos séculos XIV-XVIII, expón nas súas salas unha amplísima mostra das manifestacións da cultura popular galega: a pesca, a agricultura, a gandería, os oficios, o hábitat, a indumentaria tradicional, os instrumentos musicais ou a Prehistoria. Outro dos seus atractivos é a espectacular tripla escaleira helicoidal, alarde de audacia estrutural e obra de Domingos de Andrade que comunica os diferentes andares do edificio. Ademais do museo, pódese visitar a igrexa do convento que ocasionalmente se utiliza como marco singular para determinadas exposicións temporais. Nesta igrexa localízase o Panteón de Galegos Ilustres no que se atopan soterrados persoeiros tan destacados da cultura galega coma Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Castelao, Domingo Fontán, Francisco Asorey e Ramón Cabanillas.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/pobo-galego
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!