IGREXA MONACAL DE SAN MIGUEL DE EIRÉ

Relixioso
No Camiño de Santiago
1544

Localización

Parroquia: Eiré (San Xulián)

Lugar: O Mosteiro

27439  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 05.9" N - 7º 38' 53.9" W

Descrición

Construída na segunda metade do s. XII. Ten unha nave de planta rectangular e ábsida semicircular. Muros de cadeirado granítico e cuberto a dúas augas. A fachada ten dúas portas, unha delas enmarcada por un arco de medio punto con doelas e moldura lisas, unha pequena ventá na parte superior do frontis e está rematada por un frontón triangular. A portada norte ten dúas arquivoltas, a exterior con rosetas e o "agnus dei" no centro e a interior estriada e decorada con bólas. Todo o conxunto está rodeado dunha moldura de billetes e zigzagueado. O tímpano ornamentado con círculos entrelazados e unha figura que representa o tetramorfos. Na parte dianteira da nave principal levántase unha torre rectangular dun só corpo.
No interior hai capiteis decorados, pinturas murais de fins do s. XV-principios do s. XVI e varias esculturas, atribuídas a Cornelis de Holanda.
Formou parte dun conxunto monacal benedictino do s. XII e foi declarada Monumento Nacional en xuño de 1964.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Acceso

Na capital municipal, na rotonda tomamos a estrada LU-P-4102, a 2 km un desvío á dereita (mosteiro) lévanos a igrexa que está a 200 m.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Orden Relixiosa

Benedictinos
Última actualización: 27/03/2017
Arriba