SAN XULIÁN DE SAMOS

Relixioso
No Camiño de Santiago
1350

Localización

Parroquia: Samos (Santa Xertrude)

Lugar: Samos

27620  Samos - Lugo

Teléfono: +34 982 546 046

Coordenadas:
42º 43' 56.0" N - 7º 19' 33.9" W

Descrición

No medio dun frondoso val atópase a Abadía Benedictina de Samos, que segue sendo mosteiro na actualidade, O Real Mosteiro de San Xulián ou San Xián. Este templo, hoxe benedictino, é un dos tres mosteiros que aínda están habitados por monxes en Galicia. A abadía foi fundada por San Martiño de Dumio no século VI, en plena etapa visigótica. A súa historia está relacionada co refuxio de Afonso II o Casto antes de ser coroado rei de Galicia no ano 759, que dominou o cenobio coas terras. Este templo, ligado aos grandes centros monásticos de Toledo, dispón dunha grandiosa fachada barroca que recorda á escalinata da fachada do Obradoiro de Santiago de Compostela.
No seu interior hai dous claustros: o primeiro, coñecido como o claustro do pai Feijoo, de finais do século XVII, é considerado, cos seus 54 metros de lado, dos máis grandes do estado español entre os da súa clase. No centro conserva unha estatua do monxe, que viviu neste mosteiro, obra de Moure. É de destacar a sancristía de finais do XVIII e principios do XIX. Ten planta octogonal coroada cunha cúpula sobre pechinas e arcos de medio punto. O segundo claustro, máis pequeno, coñecido como das Nereidas, é de estilo gótico e está presidido no centro por unha fermosa fonte barroca. A súa construción a prolongo durante 20 anos (1562 -1582). En torno a este claustro, que está cuberto con bóveda de crucería e aínda conserva unha portada románica, xiraba a vida da abadía, polo que ó patio ábrense as estancias da cociña, o refectorio e a biblioteca.
Os interesados poden ver os numerosos frescos que se encontran no andar dun dos claustros, apuntándose ás visitas guiadas.
Tamén é peculiar a sancristía do templo, datada a finais do século XVIII e principios do XIX, polo desenvolvemento da súa planta circular, con cúpula sobre pendentes, con tallas que representan as virtudes teologais e cardinais, e cornixas volteadas por encima de arcos de medio punto, dispostos en círculo e apoiados en pilastras pegados aos muros. O mosteiro conserva a porta de entrada á antiga igrexa, do século XIII.
Este mosteiro, un dos centros culturais máis destacados de Europa na Idade Media, conta ademais cunha hospedaría, moi axeitada para quén queira repoñer forzas nun lugar que emana tranquilidade, e incluso dispón de aparcamento para coches e autobuses.

No seu interior hai dous claustros: o primeiro, coñecido como o claustro do pai Feijoo, de finais do século XVIII. No centro conserva unha estatua do monxe, que viviu neste mosteiro, obra de Francisco Asorey, 1947. 

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Francés

Estilos

Barroco
Renacentista
Gótico
Románico

Orden Relixiosa

Benedictinos
Última actualización: 26/09/2018
Arriba