IGREXA DE SAN MARTIÑO DE MEIS

Relixioso
1345

Localización

Parroquia: San Martiño de Meis (San Martiño)

Lugar: Os Cruceiros 7

36637  Meis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 43.2" N - 8º 45' 02.0" W

Descrición

Igrexa románica do s. XII, conserva desta época a portada principal e os muros da nave. No muro do adro pódense observar uns curiosos baldaquinos do s. XV, enmarcando unha fonte.

A igrexa foi reedificada no ano 1912, segundo consta nunha inscrición.

Acceso

Saíndo de O Mosteiro pola estrada PO-9402 que une O Mosteiro e Barrantes, pasando polo lugar de Caticovas. A uns 7 Km. aproximadamente chegamos ao lugar de Os Cruceiros, onde collemos unha desviación a man dereita que nos leva directamente ao recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!