IGREXA DE SANTIAGO DE O BURGO

Relixioso
1968
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Burgo (Santiago)

Lugar: O Burgo

Rúa de San Lago 3

15670  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 58.0" N - 8º 21' 43.9" W

Descrición

Igrexa románica construída no s. XII, sufriu importantes modificacións no s.XVIII, e máis recentemente, no s. XX e no s. XXI, cando tivo que ser restaurada tras dun incendio. A súa planta, orixinalmente basilical e hoxe de cruz latina, remátase con tres ábsidas na cabeceira, nas que se abren seteiras abucinadas, decoradas con canzorros. No tímpano do acceso lateral, un relevo representa o Agnus Dei. O interior é austero, e as ábsidas, enmarcadas con arcos de medio punto que arrancan sobre capiteis con motivos vexetais e volutas, cóbrense con bóvedas de cuarto de esfera.

Acceso

Dende a Casa do Concello en Tarrío tómase a estrada DP-3109 en dirección a O Burgo ata enlazar coa N-550 pola que se continuará, en dirección Santiago- Ordes, ata a rotonda de enlace coa DP-3103 na Costa da Lonxa. Continúase pola Costa da Lonxa e rúa Alexandre Bóveda ata a Avenida de A Coruña e rúa San Iago.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!