IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO

Relixioso
1220

Localización

Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)

Avenida de Cervantes

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 46.9" N - 7º 35' 38.9" W

Descrición

Conxunto histórico-artístico formado pola Igrexa de Santiago e o antigo Convento de San Francisco. Data do S. XII- XIII, constituíndo un exemplo de estilo oxival, no que se conxugan elementos góticos e románicos. Igrexa con planta de cruz latina e ábsida pentagonal con bóveda de abano, no que se abren cinco ventás oxivales, considerada como a máis esvelta e grandiosa das igrexas conventuales galegas. Garda no interior dun dos altares, reliquias traidas de Roma, así como os sepulcros da Beata Constanza de Castro e do ilustre político e escritor Nicomedes Pastor Díaz e Corbelle. Ao exterior a portada, arcos semicirculares con columnas nas xambas e dous menores encadrando o principal. Debe visitarse o claustro do antigo convento, de estilo renacentista tardío, con dous corpos, o inferior de arcos semicirculares sobre pilastras, e un segundo corpo alintelado. Aínda que se conservan vestixios do anterior de estilo románico como o proban uns belos arcos descubertos en 1945.

Acceso

En Viveiro dirixirse a avenida de Cervantes que é onde está situada a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!