CAPELA DE SAN ANTONIO DE CORVEIRO

Relixioso
1440

Localización

Parroquia: Cervo (Santalla)

Lugar: Corveiro

15357  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 50.0" N - 8º 04' 10.9" W

Descrición

Igrexa de mediados de século XVII. Planta rectangular. Edificio sinxelo e austero, sen ningún tipo de decoración exterior. Muros pintados de branco, deixando pedra á vista nas esquinas e portas. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva. No seu interior atópase un retablo de estilo barroco que foi trasladado dende a igrexa de Santa María do Mar de Cedeira. No seu adro alberga o cruceiro de "Cristo da Ponte". O ámbito da igrexa constitúe un privilexiado miradoiro da entrada da ría de Cedeira.

Acceso

Dende Cedeira, coller cara a Punta Candelaria. A un quilómetro tomar unha desviación a man esquerda que conduce á capela.
Arriba
Axúdanos a mellorar!