IGREXA DE SANTA MARÍA DE CASTRO

Relixioso
1104
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Castro (Santa María)

Lugar: Bañobre

15630  Miño - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 33.1" N - 8º 11' 56.1" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, do século XVIII, situada no municipio de Miño (Municipio de Interese Turístico). Aínda que na súa orixe foi unha igrexa románica do século XVI. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave. O espazo entre a nave e o presbiterio realízase a través dun arco triunfal semicircular. O exterior concentra a escasa decoración na fachada principal. Sobresae a espadaña dobre adornada por pináculos. Ten pegada a capela dos Condes de Vigo.

Acceso

Dende Miño, tomar a N-VI en dirección Ferrol, continuar ata Bañobre, aquí xirar á esquerda, seguir ata o pazo de San Paio, onde se xira á dereita, a pouca distancia atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!