IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE FORNELOS

Relixioso
1010

Localización

Parroquia: Fornelos (San Xoán)

Lugar: As Fraguiñas

36455  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 08' 06.9" N - 8º 29' 43.9" W

Descrición

Igrexa parroquial de exuberante estilo barroco que destaca pola proporción, compartimentación e elegancia das súas liñas arquitectónicas, con sobrecarga decorativa propia deste estilo, destacando un reiterativo motivo barroco como é o pináculo con bólas a xeito de terminación, que invade todos os ángulos do edificio. Edificada en 1715, posúe planta de cruz latina e catro capelas laterais: dúas pegadas á nave central e as outras dúas a extremos de cruceiro. A cuberta é abovedada, dispoñéndose unha luminosa cúpula no centro do cruceiro.

No interior hai que resaltar a riqueza da súa imaxinaría así como os diferentes retablos barrocos existentes, obra do escultor Domingo de Fornelos. O que preside o altar maior está dedicado ao santo patrón da igrexa, mentres os restantes honran a Santiago e San Miguel, presididos ambos os dous polo escudo dos Tábora.

Arriba
Axúdanos a mellorar!