PORTA DE CARLOS V

Civil
3531

Localización

Rúa: María Sarmiento

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 48.0" N - 7º 35' 40.9" W

Descrición

Porta tamén chamada Maior ou do Castelo, edificada en 1548 para substituír outra anterior, sendo obra de Pedro Pedroso, realizada en homenaxe a Carlos I de España e V de Alemaña polas honras que concedera a esta vila. É unha das tres portas que se conservan da antiga muralla de Viveiro. Pretendeuse demoler no século pasado, e en 1942 foi declarada Monumento Nacional. Conta con arco de medio punto central e aos lados dous escudos coas armas da cidade enmarcadas con columnillas platerescas, e sobre o arco inscrición moi gastada: "Hizose esta puerta siendo Corregidor el Licenciado Canosa de Tordesillas". Remata o monumento con seis troneras flanqueadas por tres torrecillas, sen faltar un grande escudo de Carlos V con enmarcación plateresca e frontón triangular, sobre o que se coloca o busto do emperador. No envés da porta, camarín plateresco con dous escudos e imaxe dieciochesca de San Roque, antigamente da Virxe dos Desamparados. É de estilo renancentista-plateresco.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Peonil, en coche e en autobús.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!