PAZO TORRE DE ALDAN

Civil
2631

Localización

Parroquia: Aldán (San Cibrán)

Lugar: San Cibrán

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 44.0" N - 8º 48' 55.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
O Pazo atopa integrado no núcleo urbano de Aldán e posúe cara á súa parte posterior un terreo de mediana extensión dedicada ao cultivo.
O acceso eféctuase a través dun portalón na rúa lateral de acceso ao núcleo e á igrexa. Desemboca nun patio de medianas dimensións, dende o que nacen dúas escalinatas que dan a unha solaina, dende a que se produce ao acceso ao interior da edificación. A fachada oposta a esta, de grande austeridade posúe ocos rectangulares. A fachada que dá ao camiño é opaca, con poucos ocos, e a esquina remata en forma de torre con ameas e pináculos. Así mesmo posúe un escudo de armas.

Acceso

Saíndo de Cangas en dirección Bueu, pola estrada PO-315, tras percorrer 6 km. chegamos a Aldán, onde atopamos o pazo no núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!