PAZO DE CADRO

Civil
1545

Localización

Parroquia: San Tomé de Piñeiro (San Tomé)

Lugar: Cadrelo

36915  Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 21' 36.5" N - 8º 41' 59.6" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. É o pazo máis antigo de Marín. A súa construción data dos séculos XV-XVIII, a súa torre é do século XV e o resto data do século XVIII. Este pazo aparece aforado en 1590 a Vasco de Romay e a súa última residente foi a periodista e escritora sueca Cristina Lilliestierna falecida no ano 2000.
De pranta en forma de “L”, no extremo dereito posúe unha torre ameada. No esquerdo unha capela rematada en cúpula. Na fachada cara á ría un balcón soportado por mensulóns de pedra que ofrece boas vistas e un xardín na fachada de acceso. A torre é probablemente a matriz á que se unen construcións posteriores.

Acceso

Saíndo de Marín pola avenida Jaime Janer en dirección PO-313 Marín-Moaña.
Arriba
Axúdanos a mellorar!