Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Áreas de turismo mariñeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Na Ría de Muros e Noia...

Ver máis

Turismo mariñeiro...

Ría de Muros e Noia

É a gran base da industria conserveira ao mesmo tempo que reúne a maior concentración mundial de bateas de mexillón. Para moitos santiagueses Noia é "a súa" praia e porto de mar dada a proximidade coa capital de Galicia.

Ampliar
  • Faro de Cabo Rebordiño

    Faro de Cabo Rebordiño

    Situado ás portas da vila de Muros declarada Conxunto Histórico-Artístico, ten a súa orixe no ano 1909, posúe un aire residencial ao estar pegado ao resto de casas como se fose un chalé acaroado...

  • Faro de Monte Louro e Punta Queixal

    Faro de Monte Louro e Punta Queixal

    Faro emprazado na punta Queixal do Monte Louro. As características morfolóxicas das costas galegas e a presencia frecuente de choivas e néboas levaron ó litoral a estar coroado por unha grande cantidade de faros...

  • Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

    Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

     É un conxunto de muíños de marea, reunidos nunha única edificación. A súa construción data do primeiro cuarto do século XIX, e mantivo a súa actividade ata os anos cincuenta do presente século...

Casa Peto Outes

Obradoiro de cociña Casa Peto

Casa Peto está situado en Outes, na ría de Muros e Noia. Destes areais extráense os mellores e máis afamados berberechos de Galicia, que serán descargados e puxados na lonxa do Freixo. Deste mesmo lugar proceden os berberechos e ameixas que combinaremos con outros selectos produtos do noso mar no taller de cociña de Casa Peto. Visitaremos unha cetaria (traslado en vehículo propio) para seleccionar os moluscos, debidamente depurados, cos que realizaremos deliciosas receitas que degustaremos nas instalacións do restaurante.
Reserve en: Casa Peto Outes
Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

Desde o interior deste muíño de mareas poderemos ver a maquinaria para a moedura, dispoñendo de paneis informativos de todo o conxunto. Neste espazo tamén se desenvolven outras actividades como obradoiros e exposicións.
Reserve en: Muíño de Mareas do Pozo de Cachón
Costa Viva Cruceros

Cruceiros turísticos pola ría de Muros

Costa Viva Cruceros realiza cruceiros turísticos pola ría de Muros con visión submarina e degustación de produtos típicos da zona. Na navegación visítanse  bateas, muíños de marea, faros, praias, illas, etc. cun guía a bordo.
Reserve en: Costa Viva Cruceros
Joaquín Vieta

Experiencia mariñeira acompañada por mariñeiros

Travesía acompañada por antigos mariñeiros. Ofrecemos un servizo baseado na excelencia e o trato personalizado. Expedicións mariñeiras, obradoiros gastronómicos, izado e navegación a vela, interpretación de cartas náuticas, avistamentos, mergullo a bordo. Organización de eventos. Dende a súa construción en 1916 no Freixo, o Joaquín Vieta permaneceu ligado á Ría de Muros e Noia, formando parte da historia mariñeira de Galicia durante case un século. Hoxe, convertido no veleiro máis antigo de Galicia aínda en servizo, desprega as súas velas para ofrecer ao turista toda a emoción da navegación histórica cun equipamento e servizo adaptados ao os nosos clientes.
Reserve en: Joaquín Vieta
Confraría de pescadores

Turismo mariñeiro en Portosín – PortoCelta

 Embarca e participa nunha xornada de pesca dun barco de cerco da confraría de pescadores de Portosín. O barco sae pola tarde do peirao de Portosín e regresa a porto a descargar a pesca da xornada. 
Reserve en: Confraría de pescadores "San Andrés" de Portosín
Casa Peto Outes

Obradoiro de cociña Casa Peto

Casa Peto está situado en Outes, na ría de Muros e Noia. Destes areais extráense os mellores e máis afamados berberechos de Galicia, que serán descargados e puxados na lonxa do Freixo. Deste mesmo lugar proceden os berberechos e ameixas que combinaremos con outros selectos produtos do noso mar no taller de cociña de Casa Peto. Visitaremos unha cetaria (traslado en vehículo propio) para seleccionar os moluscos, debidamente depurados, cos que realizaremos deliciosas receitas que degustaremos nas instalacións do restaurante.
Reserve en: Casa Peto Outes
Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

Desde o interior deste muíño de mareas poderemos ver a maquinaria para a moedura, dispoñendo de paneis informativos de todo o conxunto. Neste espazo tamén se desenvolven outras actividades como obradoiros e exposicións.
Reserve en: Muíño de Mareas do Pozo de Cachón
Costa Viva Cruceros

Cruceiros turísticos pola ría de Muros

Costa Viva Cruceros realiza cruceiros turísticos pola ría de Muros con visión submarina e degustación de produtos típicos da zona. Na navegación visítanse  bateas, muíños de marea, faros, praias, illas, etc. cun guía a bordo.
Reserve en: Costa Viva Cruceros
Joaquín Vieta

A ría de Muros–Noia desde o balandro Joaquín Vieta

Saíndo do porto do Freixo navegamos en ruta pola costa para descubrir a cultura e o patrimonio marítimo da Ría de Muros-Noia. Faremos escala en estaleiros de ribeira, antigas fábricas de salgadura e internarémonos no mar ata as bateas de mexillóns. Opcionalmente poderemos largar as liñas de "corricán" e se hai sorte, prepararemos e comeremos a bordo as pezas capturadas. Se non, sempre haberá un refrixerio de empanada e ricos bocadillos a media mañá.
Reserve en: Joaquín Vieta
Confraría de pescadores

Turismo mariñeiro en Portosín – PortoCelta

 Embarca e participa nunha xornada de pesca dun barco de cerco da confraría de pescadores de Portosín. O barco sae pola tarde do peirao de Portosín e regresa a porto a descargar a pesca da xornada. 
Reserve en: Confraría de pescadores "San Andrés" de Portosín
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba