Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Áreas de turismo mariñeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Na Ría de Vigo e Baixo Miño...

Ver máis

Turismo mariñeiro...

Ría de Vigo e Baixo Miño

As illas Cíes, Parque Nacional, pechan e defenden a ría de Vigo con lugares singulares como Arcade, famoso polas súas ostras. Xa cara ao sur atopamos Baiona e A Guarda.

Ampliar
  • Museo Anfaco da Industria Conserveira

    Museo Anfaco da Industria Conserveira

    O museo ANFACO da Industria Conserveira, único en Galicia no seu xénero e declarado de interese científico-técnico, dispón de material museístico de gran valor histórico e a través da súa contemplación pode realizarse un interesante percorrido pola historia da industria conserveira...

  • Museo do Mar de Galicia

    Museo do Mar de Galicia

    O museo, situado sobre un cabicastro, cun depósito arqueolóxico singular e rodeado por vilas romanas dedicadas á salgadura do peixe, aproveitou os restos dunha construción anterior para materializar a súa impresionante arquitectura...

  • Barrio de Bouzas

    Barrio de Bouzas

    Casas mariñeiras de tipoloxía tradicional...

  • Barrio Vello de Vigo

    Barrio Vello de Vigo

    Esta é a historia de cómo un Vicus ou aldea, como foi latinizado o primitivo asentamento castrexo, se converteu na meirande cidade galega...

  • Soportais do Berbés

    Soportais do Berbés

    Declarados monumento histórico-artísticos o 8 de febreiro de 1946. A súa disposición lembra as típicas rúas santiaguesas. Noutros tempos, antes da construción do porto pesqueiro, o mar chegaba ata os soportais e estes eran empregados para a realización de traballos pesqueiros...

  • Monte do Faro

    Monte do Faro

    Sitúase no punto máis alto da illa do Medio, foi construído entre 1851 e 1853 e está a 178 metros de altura sobre o nivel do mar. O faro vixía a entrada á ría de Vigo, rodeado da beleza...

  • Faro do Peito ou de Monteagudo

    Faro do Peito ou de Monteagudo

    Este faro datado en 1904 serve para marcar a entrada norte da ría de Vigo xunto cos faros de Cabo Home na costa do Morrazo. Encóntrase no límite da illa Norte...

  • Faro do Príncipe ou da Porta

    Faro do Príncipe ou da Porta

    O faro funciona con enerxía solar e ao seu carón empeza a zona de reserva de aves mariñas. As vistas de acantilados desde a súa situación fan que a súa visita mereza a pena. Está datado en 1918...

por páxina
Museo Anfaco da Industria Conserveira

Museo ANFACO da Industria Conserveira

O museo dispón de material de gran valor histórico que fai posible realizar un interesante percorrido pola historia da industria conserveira desde as súas orixes e pola historia da asociación empresarial creada polos pioneiros conserveiros coñecida como Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo.
Reserve en: Museo Anfaco da Industria Conserveira
Museo do Mar da Guarda

Museo do Mar da Guarda

Situado na Fortaleza da Atalaia, acolle unha colección de útiles e aparellos empregados polos mariñeiros da vila, xunto a unha colección de cunchas formada por máis de 20.000 pezas recollidas dos mares de todo o mundo.
Reserve en: Museo do Mar da Guarda
Porto de embarcacións tradicionais de Bouzas

Porto de Embarcacións Tradicionais de Bouzas

Trátase do primeiro peirao de España dedicado en exclusiva ao amarre de embarcacións tradicionais, sendo diversas as embarcacións deste tipo que se poden observar aquí.
Reserve en: Porto de embarcacións tradicionais de Bouzas
Salinae. Centro Arqueolóxico do Areal

Salinae - Centro Arqueolóxico do Areal

Xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira. Trátase da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada da época do Imperio romano. 
Reserve en: Salinae. Centro Arqueolóxico do Areal
Asociación de redeiras de Baixo Miño

Reparación e fabricación de redes

 Estas profesionais amosarannos como se realiza a fabricación de redes e como distinguir os tipos de redes que se empregan segundo o peixe que se pretenda capturar. Tamén contan cun pequeno museo de redes antigas.
Reserve en: Asociación de redeiras de Baixo Miño "Atalaia"
Concello de Vigo

100 minutos de mar

Ruta autoguiada que transcorre pola zona portuaria de Vigo. Comeza na Praza da Pedra e finaliza no emblemático barrio de O Berbés. Durante este percorrido podemos coñecer a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos.
Reserve en: Concello de Vigo
Merak Náutica

Rutas pola ría de Vigo e as illas Cíes en goleta

A empresa Merak Náutica ofrece rutas regulares, con saída do Real Club Náutico de Vigo, polas illas Cíes e pola ría de Vigo a bordo da goleta Nauja. Esta embarcación clásica foi construída en 1928, sendo restaurada na actualidade como buque de pasaxe. As rutas de navegación propostas  son interpretadas por un guía profesional e van acompañadas dunha degustación de catering.
Reserve en: Merak Náutica
Museo do Mar de Galicia

Museo do Mar de Galicia

A longa vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento queda presente neste espazo, que nos mergulla na actividade pesqueira así como no seu desenvolvemento: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. No acuario do museo observaremos os principais ecosistemas que se atopan entre o propio porto do museo e a costa acantilada das Illas Cíes.
Reserve en: Museo do Mar de Galicia
Museo Anfaco da Industria Conserveira

Museo ANFACO da Industria Conserveira

O museo dispón de material de gran valor histórico que fai posible realizar un interesante percorrido pola historia da industria conserveira desde as súas orixes e pola historia da asociación empresarial creada polos pioneiros conserveiros coñecida como Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo.
Reserve en: Museo Anfaco da Industria Conserveira
Museo do Mar da Guarda

Museo do Mar da Guarda

Situado na Fortaleza da Atalaia, acolle unha colección de útiles e aparellos empregados polos mariñeiros da vila, xunto a unha colección de cunchas formada por máis de 20.000 pezas recollidas dos mares de todo o mundo.
Reserve en: Museo do Mar da Guarda
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba