Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Áreas de turismo mariñeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Na Ría e Terras de Pontevedra...

Ver máis

Turismo mariñeiro...

Ría e Terras de Pontevedra

Pontevedra mantén un dos núcleos históricos mellor conservados de Galicia e que nos recorda o seu pasado vencellado ao mar e á pesca. En Combarro chama a atención o conxunto de hórreos situados na beira do mar e en Cangas poderemos gozar das mellores vistas das illas Cíes (Parque Nacional) desde o faro de Cabo Home.

Ampliar
  • Museo de Pontevedra

    Museo de Pontevedra

    O museo ten repartidos os seus fondos en cinco sedes diferentes: Edificio Castro Monteagudo (s. XVIII): coleccións de arqueoloxía, ourivería prerromana e romana, ourivería popular e civil (colección Fernández de la Mora) e pintura española, italiana e flamenga do século XV ó XVIII...

  • Barrio da Moureira

    Barrio da Moureira

    Este barrio atópase situado á beira do río Lérez. O nome procede de salmoira, empregada na salgadura da sardiña. Está constituída por tortuosas ruelas que esconden moitas e fermosísimas casas de patín, antigas residencias de pescadores...

  • Basílica de Santa María A Maior

    Basílica de Santa María A Maior

    Situada sobre un promontorio que domina o paso do Lérez pola ponte, obsérvase unha amplia visión da ría e un pequeno tramo da antiga muralla que aínda se conservan...

  • Casas mariñeiras en Aldán

    Casas mariñeiras en Aldán

    Ao lado do adro da igrexa de Aldán atopase o núcleo histórico onde se poden admirar, ademais dos pazos, algunha casa mariñeira, señorial e brasonada...

  • Casas mariñeiras en Vilariño - Hío

    Casas mariñeiras en Vilariño - Hío

    Á beira do mar conxúganse as diferentes tipoloxías de arquitectura rural e costeira xunto cos hórreos. Camiños enlousados nos que aínda se poden apreciar as marcas das rodas dos carros cos que antigamente se transportaban os produtos da terra e do mar...

  • Eirado do Costal

    Eirado do Costal

    Barrio primixenio da vila de Cangas onde se poden observar diferentes tipoloxías de arquitectura mariñeira como as casas de patín e terreñas. Aproveitando a súa inclinación e boa acústica, no verán lévanse a cabo determinadas actividades culturais como concertos, representacións teatrais...

  • Eirado do Sinal

    Eirado do Sinal

    Barrio mariñeiro que experimentou un importante recheo no cal hoxe en día se atopan os Xardíns do Sinal. As casas que se atopan neste eirado son de pedra e moi estreitiñas e no centro hai unha fonte...

  • Faro de Cabo Home

    Faro de Cabo Home

    O faro foi construído en 1853. A torre mide 17 metros e está situada a 143 metros sobre o nivel do mar. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888...

  • Faro de Punta Subrido

    Faro de Punta Subrido

    Encóntrase no lado oposto da península que conforman Cabo Home e punta Subrido e posúe unha torre branca de 13 metros de altura situada a 33 metros sobre o nivel do mar...

  • Faro de Punta Robaleira

    Faro de Punta Robaleira

    Situado entre Cabo Home e punta Subrido, é unha torre cilíndrica de grande anchura e pouca altura construída en pedra e pintada en vermello...

  • Casas mariñeiras en Moaña

    Casas mariñeiras en Moaña

    Casas mariñeiras de tipoloxía tradicional...

  • Salina de Vilaboa

    Salina de Vilaboa

    Estas salinas comezaron a ser explotadas polo colexio dos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e acadaron grande importancia nos seguintes anos. Hoxe só queda a estrutura da salina e unha pequena mostra que sinala a situación do antigo muíño de mareas. Dispón de sendas acondicionadas no seu contorno...

Museo das Carreiras

Museo das Carreiras - Artesanía do fío

Instalación ao aire libre onde se mostra o que foi unha industria artesanal de elaboración de fíos, cabos e cordas a partir de fibras como o cánabo, a fibra vexetal ou a palma, para o seu uso posterior no mar e nas súas actividades,. Ofrece información de como se elaboraban os materiais empregrados, a súa transformación a finais do século XIX e o seu emprego en distintas funcións na pesca.
Reserve en: Museo das Carreiras
Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR

Cursos relacionados co sector marítimo-pesqueiro

 No centro impártense cursos relacionados co sector marítimo-pesqueiro, a recuperación de embarcacións tradicionais e o emprego de novos materiais na construción naval. Tamén se poden realizar visitas de grupos á exposición permanente situada no vestíbulo do centro. 
Reserve en: Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR
Lares y Mares

Visitas a contornos mariñeiros tradicionais

RUTA MARIÑEIRA: Nesta ruta descubriremos a maxia do mercado de abastos das activas vilas mariñeiras de Galicia, coñeceremos as "peixeiras", as estrelas do mercado. Continuaremos a ruta visitando o peirao pesqueiro, onde se encontran os diferentes tipos de embarcacións, aparellos de pesca, e alí presentarémosvos ás redeiras, verdadeiras artesás do mar, que traballan no mantemento e creación das redes de pesca. Tropezarémonos seguro con algún lobo de mar na lonxa, lugar onde desembarcan todas as especies pescadas para proceder ao seu peso, clasificación, etiquetaxe e posterior poxa, todo un espectáculo que non debes perder. Duración aproximada da actividade: 2 horas de luns a venres. RUTA ANTIGA CONSERVEIRA E BALEEIRO: Paseo polos arredores a Fábrica de Massó, unha das máis modernas fábricas de conserva na súa época, ata chegar á antiga baleeira. Hoxe son lugares practicamente en ruína, pero situados nun ámbito costeiro de gran beleza e con múltiples historias que merecen ser contadas. Duración aproximada da actividade: 2 horas, todos os días. CABOS E FAROS COSTA DA VELA: Camiñada por sendeiros de area e terra para coñecer os viñedos máis próximos ao mar, dos que se obtén excelente viño branco, veremos algunhas das mellores playas do Morrazo e visitaremos unha antiga fábrica de salgadura en ruínas. Alcanzaremos os faros de Cabo Home, protexido pola presenza das Illas Cíes. Se temos aínda enerxía subiremos ao Monte Facho, asentamento de antigas tribos celtas e miradoiro excepcional do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Duración aproximada da actividade: 4 horas, todos os días. MARISCADORAS DE MOAÑA: Achegarémonos ás praias de Moaña para ver en acción ás expertas artesás do mar que marisquean en busca de ameixa e berberecho. Aprenderemos como se realiza o marisqueo, dende a súa extracción ata a súa comercialización. Seguiremos a súa pista ata a lonxa, onde explicaremos o proceso de poxa e veremos as diferentes embarcacións mariñeiras e útiles de pesca. Duración aproximada da actividade: 2 horas, de luns a venres. RUTA DAS ANTIGAS SALINAS: Encantadora e sinxela ruta ao fondo da ría de Vigo, durante a cal teremos a posibilidade de internarnos nas ruínas dunha antiga casa cun aire moi máxico, onde antigamente se almacenaba sal e descansaban os camiñantes. Pasearemos polos diques das antigas salinas de Ulló. Observaremos onde se situou un antigo muíño de mareas e teremos a posibilidade de contemplar durante todo o traxecto unha variada flora e fauna. A ruta ideal para os amantes do avistamento de aves. Duración aproximada da actividade: 2 horas, todos os días. RUTA DE ALDÁN: Camiñaremos pola bonita ría de Aldán, coñecida polas súas espectaculares praias e as rechamantes bateas, visitando o particular igrexa mariñeiro de Vilariño, o peirao pesqueiro coas súas embarcacións típicas, a lonxa e se estamos a tempo poderemos ver como se cocen os mexillóns nun cocedero próximo. Duración aproximada da actividade: 2 horas, todos os días.  
Reserve en: Lares y Mares
Museo Massó

Museo Massó

Situado en parte da antiga factoría conserveira de Massó, as orixes do museo sitúanse en 1932. Dispón de obxectos da fábrica de conservas, vinculados a oficios tradicionais como a carpintería de ribeira, a salgadura de peixe ou as artes de pesca, tamén alberga unha valiosa colección bibliográfica, de calidade excepcional. Completan as coleccións unha pequena serie de instrumentos náuticos, maquetas de embarcacións históricas e tradicionais e un bo número de gravados de escenas mariñas.
Reserve en: Museo Massó
Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra

Entre os fondos do museo ocupan un lugar destacado os de temática mariñeira relacionados co Gremio de Mareantes de Pontevedra, mariños ilustres e descubridores vinculados con Pontevedra e Galicia. A recreación do despacho de Méndez Núñez ou a cámara da fragata Numancia (1865) son algunhas das salas con esta temática que sorprenden os visitantes. Dispón do recoñecemento de Medalla de Ouro de Galicia.
Reserve en: Museo de Pontevedra
Museo das Carreiras

Museo das Carreiras - Artesanía do fío

Instalación ao aire libre onde se mostra o que foi unha industria artesanal de elaboración de fíos, cabos e cordas a partir de fibras como o cánabo, a fibra vexetal ou a palma, para o seu uso posterior no mar e nas súas actividades,. Ofrece información de como se elaboraban os materiais empregrados, a súa transformación a finais do século XIX e o seu emprego en distintas funcións na pesca.
Reserve en: Museo das Carreiras
Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR

Cursos relacionados co sector marítimo-pesqueiro

 No centro impártense cursos relacionados co sector marítimo-pesqueiro, a recuperación de embarcacións tradicionais e o emprego de novos materiais na construción naval. Tamén se poden realizar visitas de grupos á exposición permanente situada no vestíbulo do centro. 
Reserve en: Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR
Museo Massó

Museo Massó

Situado en parte da antiga factoría conserveira de Massó, as orixes do museo sitúanse en 1932. Dispón de obxectos da fábrica de conservas, vinculados a oficios tradicionais como a carpintería de ribeira, a salgadura de peixe ou as artes de pesca, tamén alberga unha valiosa colección bibliográfica, de calidade excepcional. Completan as coleccións unha pequena serie de instrumentos náuticos, maquetas de embarcacións históricas e tradicionais e un bo número de gravados de escenas mariñas.
Reserve en: Museo Massó
Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra

Entre os fondos do museo ocupan un lugar destacado os de temática mariñeira relacionados co Gremio de Mareantes de Pontevedra, mariños ilustres e descubridores vinculados con Pontevedra e Galicia. A recreación do despacho de Méndez Núñez ou a cámara da fragata Numancia (1865) son algunhas das salas con esta temática que sorprenden os visitantes. Dispón do recoñecemento de Medalla de Ouro de Galicia.
Reserve en: Museo de Pontevedra
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba