Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Destacados > As Rías > Engadir á "Miña viaxe"

De Cedeira a Ribadeo no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Ferrolterra

XEODESTINO

Ferrolterra

Xeodestino que agrupa municipios coma Ares, Mugardos, Cedeira, Ortigueira...

Mariña lucense

XEODESTINO

Mariña lucense

Mar e montañas, ríos e rías, prados e praias...

As Rías

De Cedeira a Ribadeo...

Ao norte do Golfo Ártabro atópase un conxunto de pequenas rías que, debido á súa situación latitudinal, son consideradas como "altas". As máis occidentais, Cedeira, Ortigueira, O Barqueiro e Viveiro son máis amplas e presentan tramos de costa acantilada aínda que, no seu interior, se abren espléndidos areais, como os de Vilarrube en Cedeira, Morouzos en Ortigueira ou Covas en Viveiro. As orientais, Foz e Ribadeo, son de menor tamaño e o perfil da súa costa é máis suave.

  • Praia de Vilarrube - Ría de Cedeira

    Praia de Vilarrube - Ría de Cedeira

  • Praia de Covas - Ría de Viveiro

    Praia de Covas - Ría de Viveiro

  • Praia de Morouzos - Ria de Ortigueira

    Praia de Morouzos - Ria de Ortigueira

  • Faro - Ría de Foz

    Faro - Ría de Foz

  • Ría de Ribadeo

    Ría de Ribadeo

  • Ría do Barqueiro

    Ría do Barqueiro

Os habitantes situados nestas rías estiveron secularmente illados de Santiago, centro histórico de Galicia, e das rutas terrestres do interior da península. Por iso, abríronse ao mar e foron sempre portos pesqueiros, de baleas e túnidos especialmente, e núcleos fundamentais no comercio do liño e do cánabo, cos países bálticos. Isto explica a aparición de alfándegas en Viveiro, no século XVI, e en Ribadeo, e a existencia dunha escola de pilotos en Ribadeo, durante o século XIX.

A distancia dos centros universitarios determinou a creación do Centro de Estudos de Gramática en Viveiro, no século XVI, a denominada Escola da Natividade, e en Ribadeo, no século XVIII. Vilas moi celosas dos seus privilexios reais todas elas, Cedeira, Ortigueira, Viveiro e Ribadeo, teñen as súas orixes na Idade Media.

De Cedeira a Ribadeo...

  • Ría do Barqueiro Ría do Barqueiro

    É unha das máis pequenas de Galicia e tamén unha das máis fermosas…

  • Ria de Cedeira Ria de Cedeira

    Isto é o mar, bravo e xeneroso. Un mar de percebes…

  • Ría de Foz Ría de Foz

    É un paraíso natural non só para as aves, tamén para os amantes dos deportes náuticos…

  • Ría de Ortigueira Ría de Ortigueira

    Salpicada de praias e calas virxes, é unha ría de exuberante vexetación e paisaxes…

  • Ría de Ribadeo Ría de Ribadeo

    É aquí onde se garda a chave que abre a porta de Galicia, unha chave achada no mar…

  • Ría de Viveiro Ría de Viveiro

    A ría está salpicada de preciosas calas e praias. En pleno Cantábrico, o mar fúndese…

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba