Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Patrimonio oculto > Itinerarios > Engadir á "Miña viaxe"
Ribeira Sacra

XEODESTINO

Ribeira Sacra

As augas do Sil e do Miño corren a se atopar creando un contorno divino, a Ribeira Sacra...

Ribeira Sacra e Canón do Sil

NATUREZA

Ribeira Sacra e Canón do Sil

A erosión fluvial do Sil labrou sen pausa a profunda fenda...

Patrimonio oculto

Ribeira Sacra: entre vides e mosteiros

A Ribeira Sacra é unha terra marcada polos dous grandes ríos que a moldean, así como pola fe e a espiritualidade que aínda envolve os numerosos mosteiros espallados pola súa fermosa paisaxe.

Habitada dende antigo, a súa riqueza histórica, a súa impresionante natureza e a súa deliciosa gastronomía son unha aposta segura para os sentidos. 

Interésache!

  • Inicio: O Saviñao
  • Fin: Parada de Sil
  • Xornadas: 3
  • Km (aprox): 17 Km
O xesto monacal de pedra
bendice o sosego da aldea…
Axeóllanse os camiños
abrazados ó cruceiro nun azul eternidade
de pedra e ceo.
      Luís Amado Carballo.

Percorrido - Día 1º

Comezamos a nosa andadura no concello lucense do Saviñao para coñecer de preto unha das moitas construcións relixiosas polas que esta terra recibe o sobrenome de Sacra, o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Ampliar
Construída a finais do s. XII, é un dos exemplares máis impresionantes do románico rural galego. A súa localización, nunha marxe empinada do río que lle dá nome, obrigou a edificar unha cripta para elevar o templo, de tal xeito que a igrexa semella estar suspendida no alto dos viñedos. A súa fachada, delicadamente cicelada en granito, recorda a obra do Mestre Mateo no Pórtico da Gloria.  
Sen saír do concello, visitaremos a igrexa de San Paio de Diomondi, de orixe mítica e lendaria, pasou a ser beneditino no século X. O 22 e 23 de agosto, os devotos invaden a parroquia para celebrar a romaría dos Remedios. Ademais dos oficios relixiosos e das peticións á Virxe, tamén aproveitan a ocasión para deleitar o padal cun bo xantar nunha carballeira centenaria a poucos metros do santuario.
Seguindo o curso do Miño, chegamos á igrexa de San Martiño da Cova. Trátase dun templo románico de finais do século XIII que formaba parte do mosteiro de Santo Agostiño. Esta fermosa construción agocha no seu interior pinturas que representan á Santísima Trindade. Dende aquí, tamén empezaremos a gozar dunhas estupendas vistas da agreste paisaxe que rodea a igrexa, pero antes aínda temos que andar un pouco. Tras atravesar un sendeiro de vexetación espesa chegamos ao miradoiro da Cova para conseguir unha inmellorable perspectiva da gorxa do Miño, o chamado Cabo do Mundo. Este é un lugar no que o río serpeante troca de dirección no medio dunha gran calma. Descendendo con coidado por unha pista estreita e con forte pendente, rodeados de socalcos, chegaremos agora á praia fluvial da Cova que albiscabamos dende San Martiño. Protexida da brisa por un contorno de natureza salvaxe, resulta acolledora para pasar unha refrescante xornada estival.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba