Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Elas e eles xa o fixeron > Engadir á "Miña viaxe"

Camiño de Santiago

Roger Dubief (66 anos) e Lucie (66 anos)

Matrimonio. Viven en Charmoille (Francia), preto da fronteira suíza.

Enxeñeiro térmico, xubilado. Ela, ama de casa.

Fixeron o Camiño 3 veces.

Veñen a pé desde a súa localidade, Charmoille: 2.100 km a Santiago.

Veñen por motivos relixiosos (fe católica).Escolleron o Camiño Francés porque “é o verdadeiro Camiño a Santiago. En Xerusalén está Xesús Cristo, en Roma san Pedro e en Santiago o Apóstolo principal despois de Pedro”. Pasaron por todos os albergues desde os Pirineos, xa que en Francia non hai.

Experiencias:

  • “O Camiño de Santiago é unha experiencia particular polo que somos, non polo que facemos na vida. O vestido social queda na casa. E pola irmandade que nace entre os peregrinos”.
  • Lucie: “O ano pasado fun operada dun tumor cerebral. Pensar no Camiño axudoume a superalo. E hoxe estou aquí, por terceira vez, tras andar con Roger, o meu home, 2.100 quilómetros”.

Roger e Lucie falan das historias persoais que se comparten no Camiño, como a dunha institutriz belga, Marie Paule, que, tras serlle diagnosticada unha doenza rara, un bo día desapareceu sen deixar rastro. Lucie e Marie Paule abrazáronse tras coñecer a súas respectivas historias.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba