Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Paseando entre viñedos > Engadir á "Miña viaxe"

Paseando entre viñedos...

Ruta do viño Valdeorras

Ruta do viño ValdeorrasRuta do Viño de Valdeorras
Ctra. N-120, Km 463
32340 Vilamartín de Valdeorras. Ourense
Tel: +34 988 300 295
Fax: +34 988 300 455
www.rutadelvinovaldeorras.com
consello@dovaldeorras.com

Ampliar
  • Serra da Enciña da Lastra
    Serra da Enciña da Lastra
  • Serra da Enciña da Lastra
    Serra da Enciña da Lastra
  • Santuario das Ermidas
    Santuario das Ermidas
  • Santuario das Ermidas
    Santuario das Ermidas
  • Santuario das Ermidas
    Santuario das Ermidas

De interese...

A comarca está composta por nove municipios: A Rúa, O Barco, Rubiá, Petín, O Bolo, Carballeda, Larouco, Vilamartin e A Veiga. Case todos dispoñen de explotacións vitivinícolas que dotan ao territorio dunha singularidade única.

  • Santuario das Ermidas

Valdeorras é a comarca máis oriental da provincia de Ourense, lindando xa con León. A riqueza dos recursos naturais e a fertilidade das súas terras converteron a Valdeorras en espazo de acollida de numerosos pobos ao longo da historia.

Existen abundantes restos da época megalítica no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, ademais de trazos rupestres e os petróglifos de Valdegodos, Petín e San Esteban da Rúa Vella.

A chegada dos romanos cambiou substancialmente o val, xa que trasladaron os núcleos poboacionais a zonas chairas e construíron unha das vías máis importantes da Península Ibérica, a Vía "XVIII" ou "Vía Nova" (de posterior utilización como Camiño Real ou Camiño de Inverno no Camiño de Santiago). Pontes como a do río Bibei, lápidas como a da Rúa Vella, os mosaicos da Cigarrosa e miliarios, forman parte do legado imperial de Roma; aínda que a súa obra máis singular é o túnel de Montefurado, escavado co obxectivo de desviar o curso do río para extraer o ouro que este arrastraba e que actualmente constitúe un lugar de gran atractivo turístico que se pode contemplar a uns cantos metros desde a N-120.

Posteriormente, xa no século XVII eríxese o espectacular Santuario das Ermidas rodeado de antigos socalcos de viñedo, que se converteu no máis importante lugar de culto da zona na actualidade.

Manzaneda - Trevinca

XEODESTINO

Manzaneda - Trevinca

Unha Galicia branca que parece tocar o ceo...

Gastronomía de Galicia

Gastronomía de Galicia

En Galicia non podes deixar de gozar da súa Gastronomía...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba