Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Centros BTT
    Centros BTT

    Rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo...

  • Centros BTT
    Centros BTT

    Rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo...

  • Centros BTT
    Centros BTT

    Rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo...3

  • Centros BTT
    Centros BTT

    Rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo...

  • Centros BTT
    Centros BTT

    Rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo...

  • Centros BTT
    Centros BTT

    Rede de centros para a práctica con bicicletas todo terreo...

Inicio > Goza destas... experiencias > Centros BTT > Centro BTT Serra do Xurés > Rutas > Engadir á "Miña viaxe"

Centro BTT Serra do Xurés

R2 - Ruta Travesía do Xurés

A ruta parte da antiga reitoral de San Pedro en Muíños, hoxe reconvertida en aloxamento de Turismo Rural. De forma ascendente, condúcenos á poboación do Agrelo, que cruzaremos para chegar a Picós, a través dunha zona de bosque autóctono ben conservada. Seguindo a sinalización da senda PR-G Torrente-Salgueiro, pertencente á rede de rutas do Parque, alcanzamos a ermida da Clamadoira, desde onde se pode contemplar unha bela panorámica sobre o val do río Limia. A pequena igrexa do século XVIII atópase rodeada por uns magníficos carballos centenarios. A seguinte parada obrigatoria será a aldea de Prado de Limia, onde poderemos gozar da típica arquitectura popular do Xurés, así como da igrexa de San Salvador e dun forno comunal rehabilitado. Cruzamos o río Salas por unha ponte de pedra ata alcanzar unha área recreativa con varios muíños, algúns aínda en funcionamento. Por unha pista en bo estado ascendemos en dirección a Albite, unha pequena aldea gandeira. Tras unha subida e un descenso moi técnicos, chegamos á parroquia da Cela, onde as súas casas e cortes se funden cos grandes bolos graníticos conformando unha arquitectura singular.
Augas abaixo da Cela, atópase a espectacular fervenza da Poza da Seima. Cruzamos o río Salas por unha ponte de madeira para iniciar un esixente porteo coa nosa bicicleta duns 15 minutos de duración ata alcanzar a pista de terra que vai cara a Reparade, onde enlazamos coa Ruta 6 “Vía Nova”, que vén desde Lobios.
Abandonando Reparade, o sendeiro condúcenos de novo e de forma ascendente cara á ermida da Clamadoira. O regreso cara á reitoral de San Pedro é a través dun sendeiro estreito que fi naliza na estrada de Mugueimes, a escasos metros do fi nal deste percorrido.

ruta TRAVESÍA DO XURÉS
SaídaCasa reitoral de San Pedro.Muíños
41ª57´08.96”N / 007º58´43 09”W
 altura máximades. acum. positiva[+]distanciaenlaces
906 m920 m25,5 kmsen conexión
ChegadaCasa reitoral de San Pedro.Muíños
41ª57´08.96”N / 007º58´43 09”W
altura mínimades. acum. negativo[-]tempodificultade
599 m-920 m3h 40´Dificultade dificil

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba