Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Actividades de turismo mariñeiro > Mariñeiro en terra > Engadir á "Miña viaxe"

Sabores mariñeiros!

Gastronomía mariñeira

Directamente do mar á mesa. O máis fresco que probaches nunca.

Casa Peto Outes

Obradoiro de cociña Casa Peto

Casa Peto está situado en Outes, na ría de Muros e Noia. Destes areais extráense os mellores e máis afamados berberechos de Galicia, que serán descargados e puxados na lonxa do Freixo. Deste mesmo lugar proceden os berberechos e ameixas que combinaremos con outros selectos produtos do noso mar no taller de cociña de Casa Peto. Visitaremos unha cetaria (traslado en vehículo propio) para seleccionar os moluscos, debidamente depurados, cos que realizaremos deliciosas receitas que degustaremos nas instalacións do restaurante.
Reserve en: Casa Peto Outes
Casa Pila

O polbo de Lira na Casa Pila

A Reserva Mariña dos Miñarzos en Lira constitúe un santuario natural para a cría e reprodución do polbo, que diariamente se captura de forma artesanal e se comercializa na lonxa. No taller de cociña de Casa Pila poderás achegarte a esta realidade, descubrindo formas de preparación alternativas deste saboroso produto. No programa inclúese unha visita ao porto e á lonxa (desprazamento en vehículo propio) para preparar e degustar posteriormente as receitas propostas de forma conxunta no restaurante.
Reserve en: Casa Pila
O'Centolo

Menú mariñeiro na cociña de O Centolo

No taller gastronómico do restaurante O Centolo, os clientes convértense en cociñeiros mentres elaboran un completo menú mariñeiro baseado en produtos da tempada. Antes de internarnos na cociña, faremos unha visita ao Museo da Pesca no Castelo de San Carlos. Posteriormente achegarémonos ao porto para ver a descarga dos barcos e comprar na lonxa os produtos do menú. De regreso ao restaurante realizaremos a preparación conxunta das receitas propostas para degustar finalmente os pratos elaborados por nós mesmos.
Reserve en: O'Centolo

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba