Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Acerca de... Galicia > Descargas e utilidades > Engadir á "Miña viaxe"

Sendeirismo no móbil

O sendeirismo de Galicia nas túas mans

Turgalicia quere promover e potenciar a actividade do sendeirismo como unha maneira de achegarse aos nosos espazos naturais e  ao noso patrimonio etnográfico e monumental, como un complemento ao desenvolvemento do turismo sostible. Baixo o nome "sendegal" esta aplicación xa esta dispoñible gratuítamente nos teléfonos i-phone e android.

Colle as túas botas e a túa mochila, descárgate a aplicación "sendegal"  e descubre Galicia con outra mirada.

Ademais TURGALICIA creou o seu perfil nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo, onde poderás consultar on line, pero tamén descargar directamente ao teu dispositivo móbil intelixente (iPhone, Android,...) as rutas homologadas existentes en Galicia.

Dispós dunha pequena descrición da ruta, a súa visualización sobre Google Earth (con posibilidade de recreación en 3D), o perfil topográfico, grao de dificultade, fotografías, etc.

Tamén poderás valoralas ou deixar os teus comentarios que serán de utilidade para outros sendeiristas e así enriquecer a información de cada unha das rutas.
 

EveryTrailWikilocIkiMap

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba