Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Patrimonio oculto > Itinerarios > Engadir á "Miña viaxe"
Costa da Morte

XEODESTINO

Costa da Morte

Aquí estaba a fin do mundo, o "Finis Terrae" dos romanos. Concretamente, en Cabo Fisterra, un lugar fascinante...

Carnota - Monte Pindo

NATUREZA

Carnota - Monte Pindo

Praias, dunas e marismas; cantís, illas, reserva mariña...

Patrimonio oculto

Tesouros da Costa da Morte

A pesar de chamarse Costa da Morte esta fracción do litoral galego ofrece, en cada vila  que visitemos, leccións de vida, historia e tradición.

Agraciada no repartimento dunha natureza exuberante, a Costa Verdescente de Eduardo Pondal invita a renderse ante os seus encantos. 

Interésache!

  • Punto de inicio: Coristanco
  • Punto final: Muxía
  • Xornadas: 2
  • Km (aprox.): 105 Km
Pensa miña nai que estou pescando na carballeira, estou no San Fins do Castro bailando unha muiñeira. A miña nai porque puido fixo unha casa na illa, para ver ós de Neaño como pescan a sardiña. O cura de Corme é xastre malpicano e mariñeiro. O de Pazos labrador e o de Cesullas gaiteiro      Foliada cantada en Cabana de Bergantiños
Outros datos de interese:
- Muíño de Forno do Forte: 981 711 520 www.concellomalpica.com/fornodoforte
- Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate: Teléfono de atención a visitantes > 669 611 993.
- Torres do Allo: 981 706 028.
- Batáns de Mosquetín: 981 706 028.

Percorrido - Día 1º

A primeira incursión por terras da Costa da Morte iniciámola no verxel de Bergantiños como é coñecido o Refuxio de Verdes, no concello de Coristanco.

Ampliar
Se tivésemos que buscar unha localización para situar as lendas de fadas, sería esta. A man do home, apenas perceptible, fai que o equilibrio e a harmonía deste lugar encantado se manteñan intactos. Os muíños, as mesas, os bancos de pedra, as canles e as pontes de madeira vannos mergullando nun mundo cheo de vida onde é a natureza a que impón a súa vontade. Incluso as árbores voluptuosas invaden todo libremente coas súas pólas cubertas por enredadeiras e as rochas, salpicadas ao longo do río Anllóns, complican o continuo discorrer da auga, creando rápidos, fervenzas e regatos ao seu antollo.

Pero este antigo couto de pesca agocha algúns segredos que só poderedes descubrir percorrendo os sendeiros cubertos por un manto de follas. Verdes é, sen dúbida ningunha, un gran lugar de esparexemento que nos permite desconectar e pasar unha divertida xornada de baño, sempre que teñamos coidado cunha forte corrente que hai no río chamada o Pozo do Inferno.

E deixamos este pequeno anaco de paraíso para dirixirnos cara a Malpica de Bergantiños, en concreto ao Ecomuseo Muíño de Forno do Forte, en Buño. Este conxunto etnográfico é o encargado de amosar como era a vida dos xornaleiros que compaxinaban o seu día a día no campo, coa produción de pezas de barro. Segundo os filólogos, o topónimo desta vila provén da palabra latina buda, unha especie de xunco de nacemento espontáneo en terras arxilosas como as que aquí atopamos. A abundancia desta materia prima foi esencial para o desenvolvemento da súa industria máis característica, a cerámica, que converteu a Buño nunha vila internacionalmente coñecida. Durante a Mostra de Olaría, celebrada a mediados de agosto, teredes a ocasión de ver en activo o antigo forno mancomunado.
Seguindo o curso do río Anllóns, chegamos a Cabana de Bergantiños; aquí poderedes facer unha pequena ruta de pouca dificultade e perfectamente indicada polo Rego dos Muíños, ou do Roncaduiro. Foi precisamente o roncar da auga, que descende de fervenza en fervenza, a que puxo en marcha os 24 muíños que aquí se conservan e bautizou este regato. Con este son xordo nos oídos chegamos por fin ao castro de Borneiro, coñecido como A Cibdá -cidade en castelán antigo- que estivo habitado entre os séculos VI a. C. e o I d. C. A maior parte dos restos atopados poderédelos visitar no Castelo de Santo Antón da Coruña.  O castro está rodeado por un foxo e dous muros defensivos ao longo do seu perímetro, excepto polo leste, no que a propia pendente actúa como defensa natural. Dende aquí, poderedes controlar o mesmo ca os castrexos todo o territorio que vos rodea.
Sen saír de Cabana de Bergantiños deixamos A Cibdá para visitar a “catedral do megalítico galego”, o dolmen de Dombate e o seu centro de interpretación. Este monumento funerario, de ao redor de 6 000 anos de antigüidade, está constituído por unha masa de terra que se cobre parcialmente por unha coiraza pétrea, presentando pedras planas horizontais no exterior mentres que no interior se  constrúe con pedras ben trabadas.
Tras esta inmersión na cultura megalítica, dirixímonos agora a Zas para visitar as Torres do Allo. A sombra do estreito camiño rodeado de carballos centenarios parece un túnel do tempo que nos traslada ao pé do pazo, un dos máis antigos de Galicia. Esta construción, un dos mellores exemplos da arquitectura civil galega, acolle agora o Centro de Interpretación dos Recursos Turísticos e Patrimoniais do Territorio de Costa da Morte. De marcado estilo renacentista, os motivos de maior interese arquitectónico atoparédelos na parte alta das torres, ao redor das súas fiestras, que se adornan con elementos do gótico final.
No mes de agosto, o concello de Zas convértese na capital do folk coa celebración dun veterano festival celebrado na carballeira que lle dá nome a esta festa.
Para finalizar o día, nada mellor que unha boa caldeirada de raia, congro ou abadexo, un prato que non debe deixar de probarse en toda a Costa da Morte.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba