Todos os plans

De viños pola Vía da Prata

Propómosvos unha particular peregrinación que combina as engaiolantes paisaxes galegas da Vía da Prata coa riqueza vitícola das terras que atravesa. Pazos, torres, fortalezas, mosteiros e igrexas sairán ao noso paso, pero tamén o farán adegas de ata tres das cinco denominacións de orixe de viños que existen en Galicia, onde poderemos coñecer e degustar os caldos que elaboran.

Programa Completo

Camiñaremos pola Vía de Prata, cataremos os viños das denominacións de orixe Monterrei, O Ribeiro e Rías Baixas; e gozaremos das relaxantes augas termais de Ourense.
  • Día 1O punto de partida é Verín ou Ourense (dependendo do número de persoas do grupo) encrucillada de camiños xacobeos e lugar de paso para os peregrinos que veñen desde Portugal. Noite e aloxamento en Verín ou Ourense.
  • Día 2Despois do almorzo, sairemos de Verín para realizar a nosa primeira etapa camiñando pola Vía da Prata, atravesando aldeas do concello de Monterrei, onde admiraremos a súa fortaleza medieval. Alcanzaremos o concello de Xinzo de Limia, do que partiremos a pé polo último tramo de 10 km da etapa Verín-Xinzo de Limia. Xantar en ruta. Pola tarde o mundo do viño será o noso obxectivo xa que visitaremos as adegas Tapias Mariñán e Vía Arxéntea, onde cataremos os seus viños.
  • Día 3Despois do almorzo, faremos a pé o último tramo Xinzo de Limia – Augas Santas, ata chegar a unha fermosa casa de labranza na parroquia de Santa Mariña, rodeada dun conxunto etnográfico composto por castros, petróglifos e restos romanos. Logo degustaremos un exquisito menú en Allariz, unha das mellores vilas arquitectónicas de Galicia, cuxo conxunto urbano foi obxecto dunha ampla remodelación nos anos 90. Pola tarde, o microbús trasladaranos ata Ourense, onde logo dunha pequena visita á cidade iremos ao Balneario de Laias a realizar un circuíto termal que nos fará recuperar forzas. Cea e aloxamento no Balneario de Laias.
  • Día 4Despois do almorzo, trasladarémonos a San Paio de Bóveda, para facer a pé os 10 primeiros km da etapa San Paio de Bóveda – Carballeda. De volta no Balneario de Laias trasladarémonos a Ribadavia para comer. Pola tarde visitaremos as adegas Pazo Casanova e Viña Meín onde realizaremos unha cata dos seus viños. Cea e aloxamento en Balneario de Laias.
  • Día 5Despois do almorzo, desde A Xesta realizaremos os últimos 10 km da etapa Carballeda – Bendoiro, finalizando nunha casa de turismo rural da zona para gozar dunha comida típica galega nun ambiente rural. Despois do xantar realizaremos unha visita á adega e cata de albariño Castro Brey. Posteriormente trasladarémonos a Santiago, onde pola tarde realizaremos unha visita guiada ao centro histórico con guía oficial. Cea e aloxamento en hotel de 4* en Santiago.
  • Día 6Logo dun bo almorzo, trasladarémonos en coche ata Lestedo para realizar a última etapa de 15 quilómetros da Vía da Prata, chegando a pé a Santiago sobre as 12.00 horas para asistir á misa do peregrino na catedral. Degustaremos un menú típico nun restaurante no centro histórico da cidade e, pola tarde, faremos unha das visitas máis espectaculares en Santiago de Compostela, a das cubertas da Catedral. Cea libre e aloxamento en hotel.
  • Día 7Almorzo e fin dos servizos

Condicións específicas

Duración:
7 días / 6 noites.

Prezo:

Min. 15 pax
Min. 20 pax
Min. 25 pax

Sup.en cuarto indiv.

820 €
730 €
670 €
150 €

 

Mínimo de participantes para a realización da actividade:
15.

Servizos incluídos

  • 2 noites de aloxamento en Verín/Ourense en media pensión.
  • 2 noites no Balneario de Laias en media pensión con 1 acceso ao circuíto termal.
  • 2 noites en hotel de 4* en Santiago (1 noite con almorzo incluído + 1 noite en media pensión).
  • Traslados en microbús a disposición durante o programa do Camiño ata a chegada a Santiago.
  • Visitas e catas ás adegas indicadas.
  • 5 xantares en restaurantes (4 no Camiño + 1 en Santiago).
  • 1 guía oficial para visita guiada de Santiago.
  • Visita ás cubertas da Catedral de Santiago.
  • Seguro turístico.
Arriba