Todos os plans

Santiago gastronómico

Nesta singular e saborosa viaxe a Santiago de Compostela teremos a oportunidade de coñecer os lugares claves polos que discorre a vida gastronómica e vinícola da cidade. O hotel con encanto Casa da Troia, no medio da rúa da Troia, será onde pasaremos as dúas noites e como recibimento o restaurante O Dezaseis ofreceranos unha gran cea de degustación.

Programa Completo

Santiago, como capital de Galicia, exemplifica toda a tradición e riqueza gastronómica dunha cociña admirada pola calidade dos seus ingredientes do mar e da terra, acompañada sempre por unha gran variedade de viños autóctonos.
  • Día 1O hotel con encanto Carrís Casa da Troia 3*, no medio da rúa da Troia, será onde pasaremos as dúas noites. Xunto ao hotel unha antiga pensión de estudantes convertida en casa museo e que recrea o ambiente estudantil do século XIX na cidade de Santiago. Pola noite tomaremos unha cea degustación nun típico restaurante de tapas onde poderemos gozar dunha impresionante selección e elaboración de menús culinarios. Logo da cea, aloxamento no hotel.
  • Día 2

    Tras o almorzo, seguiremos descubrindo os sabores de Santiago durante a mañá, que se iniciará cun tour gastronómico guiado a través do cal coñeceremos os segredos dos alimentos e os lugares con máis vida comercial e culinaria. Pasaremos por tendas de alimentación tradicionais e polo auténtico e popular Mercado de Abastos, que é á súa vez conxunto monumental e o segundo lugar máis visitado despois da Catedral.

    Tras coñecer as claves da cultura gastronómica do centro histórico e os segredos dos alimentos, peixes e mariscos, carnes, viños e queixos, estaremos preparados para a compra de produtos que nos conducirá a un taller de cociña para descubrir a forma de cociñar estes alimentos con máis arraigo, e unha cata de viños cun experto co obxectivo de aprender as particularidades dos viños galegos. Durante o taller disporase de fogóns e utensilios para cociñar dous pratos baixo a supervisión dun cociñeiro, que se degustarán ao final do obradoiro de cociña galega. Degustación da comida preparada. Tarde libre para coñecer a cidade. Cea libre e aloxamento no hotel.

  • Día 3Despois do almorzo, opcionalmente poderemos preparar unha viaxe de día completo a unha das D.O. galegas. A excursión sería con chofer-guía e cata nunha adega. Fin dos servizos.

Condicións específicas

Duración:
3 días / 2 noites.

Prezos por persoa en base a un mínimo de participantes:

  • Mínimo de 4 persoas: 240 €.
  • Mínimo de 6 persoas: 218 €.
  • Mínimo de 8 persoas: 207 €.
  • Mínimo de 10 persoas: 199 €.

Suplemento en cuarto individual: 72 €

Validez:
Todo o ano.

Mínimo / máximo de persoas:
4 / 10.

Servizos incluídos

  • Estancia de 3 días / 2 noites no hotel Carrís Casa de la Troya.
  • Almorzo no hotel.
  • Cea degustación en restaurante centro histórico.
  • Obradoiro de cociña galega.
  • Cata de viños impartida por un enólogo.
  • Visita "Tour gastronómico".
Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba