Todos os plans

Trens Turísticos de Galicia

Os Trens Turísticos de Galicia convídanlle a descubrir novamente a riqueza das terras galegas dunha forma orixinal. Mergúllese na súa natureza, o seu patrimonio, a súa historia e a súa cultura a través dunha viaxe única e inesquecible.

3476
4

Servizos incluídos

En colaboración coa Xunta de Galicia e Inorde (Instituto Ourensan de Desenvolvemento Económico), e a bordo dun cómodo tren tematizado, estas rutas dun día inclúen servizo de guía especializado durante todo o percorrido, os traxectos en ferrocarril, os traslados complementarios en autocar e todas as actividades e visitas programadas.
Arriba