Todos os plans

Peregrina o Camiño Inglés de Ferrol a Santiago

Esta rota rica en patrimonio histórico e artístico é o camiño que tomaban os peregrinos que chegaban polo mar ao porto de Ferrol co fin de visitar a tumba do Apóstolo. Unha das principais características do Camiño Inglés é a case continua presenza de auga.

Programa Completo

  • Día 1 Aloxamento en Ferrol.Poderás pasear polo trazado racional do barrio departamental da Magdalena, expoñente da Ilustración.
  • Día 2 Etapa Ferrol-Pontedeume - 31 km 6-7 h.Iniciarás a túa peregrinación na cidade do Ferrol, concretamente na dársena de Curuxeiras. Ao seu lado, enfronte da caseta de información e turismo atópase un monólito de granito co escudo de Galicia e a inscrición: “Camiño de Santiago. Camiño Inglés”. Atravesarás bosques e zonas rurais até descender a Cabanas e a praia da Madalena. Ao final do areal está a ponte sobre o que cruzarás o río Eume para entrar na localidade de Pontedeume.
  • Día 3 Etapa Pontedeume-Betanzos - 21 km 4-5 h.Entrando no concello, chegarás á románica igrexa de San Martiño de Tiobre, unha das máis antigas de Galicia, desde aquí terás un estupendo miradoiro sobre o val do Mandeo. Betanzos ten algúns dos edificios máis interesantes, artísticos e históricos de Galicia.
  • Día 4 Etapa Betanzos-San Paio de Buscás - 36 km 7-8 h.A etapa de hoxe é cómoda e doada. Pasarás por Ordes, despois deixarás a estrada para tomar un camiño de terra que te levará á bonita parroquia de San Paio de Buscás.
  • Día 5 Etapa San Paio de Buscás-Marantes (Sigüeiro) - 26 km 5-6 h.Hoxe finalizarás a etapa na poboación de Sigüeiro, onde entrarás por un parque de recreo no que cruzarás o río Carboeiro.
  • Día 6 Etapa Marantes (Sigüeiro)-Santiago - 12 km 3-4 h.A definitiva xornada do Camiño Inglés comeza en Sigüeiro. Hoxe chegarás xa á praza do Obradoiro, aos pés da esplendorosa catedral de Santiago. É o final do Camiño, pero aínda queda moito máis por descubrir na cidade de Compostela.
  • Día 7 Saída e fin dos nosos servizos.

Condicións específicas

Saídas posibles: a diario
Mín. participantes: 1

Servizos incluídos

SERVIZOS ENGADIDOS

  • 6 noites de aloxamento
  • 6 almorzos especiais
  • Traslado de equipaxe durante as etapas (máx. 20 Kg. por persoa nun único bulto)
  • Documentación completa
  • Caderno de Viaxe
  • Asistencia telefónica para emerxencias 24 horas


SERVIZOS OPCIONAIS

  • Suplemento individual: 157 € por persoa
  • Suplemento picnics durante as etapas
  • Suplemento ceas
  • Noites adicionais en Ferrol ou Santiago
  • Traslado aeroporto de Santiago ou A Coruña  e Santiago ou A Coruña a Ferrol
  • Seguro de cancelación

Máis ofertas relacionadas

Arriba