Todos os plans

Experiencia Enolóxica Ribeira Sacra - Curso de cata avanzado (18-20 Maio 2018 - 2 persoas)

O Pazo Barbeirón Slow Hotel e Verdant Experiences organizan unha Experiencia Enolóxica na Ribeira Sacra do 18 ó 20 de Maio 2018.

O prato principal será un curso de cata de viños de 4 horas impartido polo prestixioso sumiller Bruno Lovelle. Ademais os asistentes poderán degustar comidas e ceas elaboradas con productos quilómetro cero.

Para esta edición, do 18 ó 20 de mayo 2018, póñense á venda de xeito exclusivo nove prazas dobres.

Programa Completo

Dende Verdant Experiences queremos ofrecerlle algo memorable, un fin de semana para dúas persoas onde ademais de gozar dunhas xornadas de enoturismo, poderase aloxar nun Pazo de mediados do século XVIII situado no interior da provincia de Ourense, na Ribeira Sacra. Unha experiencia enolóxica con encanto.

Do 18 ao 20 de Maio 2018, poderá gozar do seguinte

  • Estadía nun aloxamento único, nun pazo do século XVIII
  • Ceas con viños locais, onde os enólogos falarán dos seus viños antes de servirlos. Comidas para gozar e compartir experiencias.
  • 4h de Curso de Cata cun experto sumiller, grazas ao cal poderá mellorar as súas habilidades de cata de viños.
  • Visita a diferentes adegas e degustación de viños.
  • Desfrute de un espectáculo de maxia de preto co Mago Antón.
  • Agasallos da rexión para levar a casa


Viva unha primavera para lembrar, sinta Galicia na súa forma máis pura!


Información sobre o Pazo Barbeirón Slow Hotel (Puntuación Booking 9.4 / 10)

Construído en 1740 e situado en Trives, foi un recurso estival da nobreza galega durante varios séculos. Foi rehabilitado en 2008 pola familia Rodríguez Álvarez, antigos servos do Pazo, mantendo o máximo de elementos orixinais. É ún dos 15 establecementos rurais de España que conta con 5 espigas (o equivalente no rural a 5 estrelas hoteleiras)


Información sobre o Curso de Cata

Durante as 4 horas de duración do curso, logrará coñecer o entorno único no que nos atopamos e do cal proceden os viños D.O. Ribeira Sacra. Un curso impartido por un sumiller de referencia en Galicia, Bruno Lovelle.

O curso dividirase en dúas partes:

  1. Información e presentación do D.O., donde falaremos da historia, xeografía, características do terroir, variedades de uva, cualidades dos viños etc. Deste xeito podemos afrontar a parte práctica.
  2. Introdución á cata de viños (onde transcorrerá a maior parte de estas 4 horas), trataremos as técnicas para dominar o arte da cata. Falaremos da vinificación de brancos e tintos, dos tipos de cata, as fases da cata, unha proba de aromas e degustación de diferentes elaboracións da D.O. (branco e tinto xove, crianzas e elaboracións especiais en monovarietais, preto de 6 tipos de viño)


Queremos que vostede participe, na medida do posible, a posta en común de opinións e experiencias propias e, por riba de todo, queremos que se fagan preguntas para non quedar con dúbidas.

  • Venres 18 Maio 2018

    17:00 / 21:00 - Check-in “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”

    21:00 / 23:00 - Cea con viño “Xiana 2016” - Antes da cea, a bodegueira dará unha charla sobre o viño que se vai a servir.

  • Sábado 19 Maio 2018

    9:00 / 10:30 - Almorzo no “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”

    11:00 / 12:30 - Saída cara a adega “Ponte da Boga”

    12:30 / 13:30 - Recepción dos asistentes e inicio da visita a adega

    14:00 / 16:00 - Xantar

    16:30 / 20:30 - Curso de Cata

    20:00 / 21:15 - Degustación de viños de Ponte da Boga

    21:15 / 22:00 - Saída cara o restaurante “La Viuda”

    22:00 / 00:00 - Cea con viños de “Dominio do Bibei” - Antes da cea, os bodegueiros darán unha charla sobre o viño que se vai a tomar.

    00:00 / 1:30 - Espectáculo de maxia co “Mago Antón”.

  • Domingo 20 Maio 2018

    9:00 / 11:00 - Almorzo no “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”

    12:00 / 12:30 - Saída cara a adega “A Corga”

    12:30 / 14:00 - Visita a adega

    14:00 / 17:00 - Brunch / Picnic con degustación de viños da adega

    17:00 - Entrega de agasallos e despedida

Condicións específicas

Prezo final (non se inclue o especificado en "non inclue") para dúas persoas segundo o tipo de habitación:

Tipo de Habitación

Prezo

Dobre Estándar

900 €

Dobre Superior

970 €

Dobre Deluxe Queen Size

970 €

Junior Suite

1020 €

  • Dobre Estándar: camas xemelas de 90 cm de ancho. Cuarto de baño con ducha
  • Dobre Superior: cama de matrimonio de 150 cm de ancho. Amplio cuarto de baño con bañeira
  • Dobre Deluxe Queen Size: cama de matrimonio de 180 cm de ancho. Amplio cuarto de baño con ducha.
  • Junior Suite: cama de matrimonio de 150 cm de ancho. Amplio cuarto de baño con bañeira hidromasaxe

Anotacións:

  • A realización da presente experiencia require a participación de un mínimo de 8 persoas (non teñen porque pertencer a mesma reserva)
  • Rogamos ver todas as condicións xerais e específicas na páxina de reserva.

Servizos incluídos

  • Estancia de 2 noites no Pazo Barbeirón Slow Hotel, na Ribeira Sacra
  • Almorzos, Xantares e Ceas durante a duración do evento. Comidas con viño elixido para a ocasión.
  • Experiencia enolóxica: curso de degustación intensiva (4 h) por un experto sumiller e visita a adegas
  • Espectáculo de maxia
  • Desprazamentos entre aloxamiento e actividades. Non se inclue o transporte dende e ata o aloxamento.
  • Agasallos da zona
  • Seguros R.C. Obrigatoria e outro para inclusión
Arriba