Todos os plans

Experiencia Enolóxica na Ribeira Sacra - Curso de iniciación a cata (20-22 Abril 2018 - 2 persoas)

O Pazo Barbeirón Slow Hotel e Verdant Experiences organizan unha Experiencia Enolóxica na Ribeira Sacra do 20 ó 22 de Abril 2018.

O prato principal será un curso de iniciación a cata de viños. Ademais os asistentes poderán degustar comidas e ceas elaboradas con productos quilómetro cero e unha estadía nun pazo do século XVIII.

Para esta edición, do 20 ó 22 de Abril 2018, póñense á venda de xeito exclusivo nove prazas dobres.

Programa Completo

Dende Verdant Experiences propoñemoslle unha fin de semana para dúas persoas onde ademais de iniciarse no mundo do enoturismo, poderase aloxar nun Pazo de mediados do século XVIII situado no interior da provincia de Ourense, na Ribeira Sacra. Unha experiencia enolóxica que buscará repetir.

Do 20 ao 22 de Abril 2018, poderá gozar do seguinte:

  • Estadía nun aloxamento único, nun pazo do século XVIII
  • Ceas con viños locais. Comidas para gozar e compartir experiencias.
  • Viaxe en catamarán polas zoas de viñedos.
  • Curso de iniciación a cata de viños e visita a unha adega
  • Agasallos da rexión para levar a casa


Viva unha primavera para lembrar, sinta Galicia na súa forma máis pura!


Información sobre o Pazo Barbeirón Slow Hotel (Puntuación Booking 9.4 / 10)

Construído en 1740 e situado en Trives, foi un recurso estival da nobreza galega durante varios séculos. Foi rehabilitado en 2008 pola familia Rodríguez Álvarez, antigos servos do Pazo, mantendo o máximo de elementos orixinais. É ún dos 15 establecementos rurais de España que conta con 5 espigas (o equivalente no rural a 5 estrelas hoteleiras)


Información sobre o Curso de Cata

Durante esta experiencia enolóxica poderá adentrarse un pouco mais no mundo do viño, e gracias a este curso de iniciación a cata, tamén conseguirá mellorar as suas habilidades para degustar e diferenciar distintas variedades de viños.

Visitaremos unha das adegas de referencia na Ribeira Sacra: Ponte da Boga. Ademais de visitar a suas instalacións, tamén degustaremos un exquisito xantar acompañado dos viños da bodega. Para completar a tarde realizaremos o curso de iniciación a cata.


  • Venres 20 Abril 2018

    17:00 / 21:00 - Check-in “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”

    21:00 / 23:00 - Cea no restaurante "A Viuda"
  • Sábado 21 Abril 20189:00 / 10:00 - Almorzo no “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”
    11:30 / 13:30 - Ruta en Catamarán polo Río Sil
    14:00 / 19:00 - Xantar, visita a adega e curso de iniciación a cata de viños
    21:30 / 23:00 - Cea no “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”
    23:00 / 00:30 - Evento musical e Queimada
  • Domingo 22 Abril 2018

    10:00 / 12:00 - Almorzo no “Pazo de Barbeirón Slow Hotel”
    12:00 - Entrega de agasallos e despedida


    Opcional Domingo 22 (non incluido en prezo)
    14:00 / 16:00 - Xantar no Restaurante “A Feira”
    17:00 / 19:00 - Termas de Outariz
    19:00 / 20:30 - Transporte vuelta o Pazo Barbeirón (se decide prolongar a súa estadía)
    21:30 / 23:00 - Cea no Pazo Barbeirón  (
    se decide prolongar a súa estadía)

Condicións específicas

Prezo final (non se inclue o especificado en "non inclue") para dúas persoas segundo o tipo de habitación:

Tipo de Habitación

Prezo

Dobre Estándar

700 €

Dobre Superior

770 €

Dobre Deluxe Queen Size

770 €

Junior Suite

820 €

  • Dobre Estándar: camas xemelas de 90 cm de ancho. Cuarto de baño con ducha
  • Dobre Superior: cama de matrimonio de 150 cm de ancho. Amplio cuarto de baño con bañeira
  • Dobre Deluxe Queen Size: cama de matrimonio de 180 cm de ancho. Amplio cuarto de baño con ducha.
  • Junior Suite: cama de matrimonio de 150 cm de ancho. Amplio cuarto de baño con bañeira hidromasaxe

Anotacións:

  • A realización da presente experiencia require a participación de un mínimo de 8 persoas (non teñen porque pertencer a mesma reserva)
  • Rogamos ver todas as condicións xerais e específicas na páxina de reserva.

Servizos incluídos

  • Estancia de 2 noites no Pazo Barbeirón Slow Hotel, na Ribeira Sacra
  • Almorzos, Xantares e Ceas durante a duración do evento. Comidas con viño elixido para a ocasión.
  • Viaxe en catamarán polo río Sil.
  • Experiencia enolóxica: curso de iniciación a cata de viños e visita a unha adega
  • Desprazamentos entre aloxamiento e actividades. Non se inclue o transporte dende e ata o aloxamento.
  • Agasallos da zona
  • Seguros R.C. Obrigatoria e outro para inclusión
    Arriba