Todos os plans

Cicloturismo por Galicia e Portugal

Paquete de turismo activo orientado ao ciclismo de estrada por Galicia (España) e Portugal, no que se ofrece unha total de 11 rutas de cicloturismo de diferentes niveis de dificultade e lonxitude pertencentes ao programa Arnoia Termal Bike KM0, xunto cunha estancia nun Hotel Balneario de 4 estrelas que dispón de instalacións específicas para o cicloturismo, e que ofrece tratamentos especializados para o ciclista.

Programa Completo

Goze duns días de práctica de ciclismo de estrada e termalismo en Galicia, no noroeste de España, co noso paquete de cicloturismo e balneario. Visite a segunda rexión de Europa con máis cantidade de auga termo-medicinal, a provincia de Ourense. Propoñémoslle unha estancia de varios días no Hotel Balneario Arnoia Caldaria.


Hotel Balneario Arnoia Caldaria

Situado na comarca do Ribeiro, o Hotel Balneario Arnoia Caldaria é un hotel de 4 estrelas, que conta con todos os servizos habituais dun hotel-balneario da súa categoría.

A maiores, a través do seu programa específico para ciclismo de estrada Arnoia Termal Bike KM0, este hotel atópase equipado con servizos especiais para ciclistas:

  • Parking de bicicletas
  • Zona de taller
  • Zona de lavado e secado
  • Punto de información de rutas (con posibilidade de aluguer de GPS) na recepción do hotel
  • Tenda de produtos bike de primeira necesidade


Así mesmo, o Hotel Balneario Arnoia Caldaria pon á súa disposición toda a súa gama de tratamentos cos que poderá relaxarse e gozar dos beneficios das súas augas medicinais, así como unha serie de tratamentos específicos para ciclistas:

  • Masaxes de pernas cansas
  • Masaxes de ombreiros-pescozo
  • Masaxes deportivas


Durante a súa estancia, ademais de poder gozar das súas instalacións con piscinas de augas termais, tamén poderán relaxarse cos tratamentos incluídos neste paquete vacacional.

 

Rutas transfronteirizas e visitas

A fronteira con Portugal máis próxima ao Hotel Balneario Arnoia Caldaria está a soamente 20km, polo que lles ofrecemos varias rutas transfronteirizas que lle permitirán visitar España e Portugal no mesmo día.


Nas rutas propostas poderá visitar vilas e pobos de gran interese histórico e arquitectónico, como son Ribadavia, Allariz, Celanova, Carballiño, Vilanova dos Infantes ou Pazos de Arenteiro por mencionar algúns.


Rutas

  • Ruta 1: Vilas Termais (25.45km - approx. 1h16m - IBP 33)
  • Ruta 2: Cultura Castrexa (46.53km - approx. 2h19m - IBP 39)
  • Ruta 3: Viño do Ribeiro (59.68km - approx. 2h58m - IBP 44)
  • Ruta 4: Aquae Urente (64.65km - approx. 3h13m - IBP 37)
  • Ruta 5: O Priorato (77.26km - approx. 3h51m - IBP 74)
  • Ruta 6: Pena Corneira (89.65km - approx. 4h28m - IBP 98)
  • Ruta 7: Vilas do Arnoia (100.04km - approx. 5h00m - IBP 101)
  • Ruta 8: Os Monxes (105.00km - approx. 5h14m - IBP 100)
  • Ruta 9: Raia Termal (111.50km - approx. 5h37m - IBP 117)
  • Ruta 10: Miño - Sil (125.69km - approx. 6h17m - IBP 113)
  • Ruta 11: Ribeiro - Laboreiro (161.30km - approx. 8h03m - IBP 273)

 

Excursións con Gastronomía e Enoturismo

No caso de que decidan entrelazar días de ruta en bicicleta con días de descanso, ofrecémoslles a posibilidade de incluír excursións privadas de medio día ou de día completo no seu paquete vacacional.

Nestas excursións, podemos visitar calquera punto de Galicia e o Norte de Portugal.

Duración da estancia

Poden combinar o número de rutas e a dificultade das mesmas acorde coas súas necesidades.

Servizos incluídos

  • Estancia en cuarto dobre en Hotel Balneario Arnoia Caldaria con acceso a piscinas termais
  • Unha sesión de masaxe deportiva por día
  • Almorzos e Ceas (día de chegada só cea, e día de saída só almorzo)
  • Información sobre rutas de ciclismo
  • Planificación de visitas solicitadas durante rutas de ciclismo
  • Seguros de accidentes durante rutas
  • Impostos e taxas
Arriba