1. Tom Tom GPS

 Para a incorporacin dos puntos de interese no GPS Tom Tom o usuario poderá proceder de dous xeitos:

  • De xeito manual incorporando os puntos de interese na carpeta correspondente.
  • Por medio dun programa de intercambio de formatos denominado GPSBabel http://www.gpsbabel.org/

Neste manual procederase a descrición dos pasos para a incorporación manual dos POI na carpeta do Tom Tom.

Tom Tom

2. Instalación do dispositivo GPS

Para poder sincronizar o dispositivo GPS ó ordenador, é necesario ter instalado no computador o software Active Sync.

Este software serve para sincronizar e conectar dispositivos con Windows Mobile/ Windows CE (PDAs, GPS, móviles, etc…) a través de portos USB, Bluetooth ou infravermellos.

A descarga do ActiveSync só se realizará para computadores que teñan un sistema operativo inferior ó XP. No caso de que o usuario tivese instalado o Vista ou o Windows 7, o software xa ven incorporado no sistema operativo.

Este software pódese descargar de balde dende a páxina de Microsoft:

Os sistemas operativos compatibles son:

Windows Server 2003; Windows Server 2003 Service Pack 1; Windows Server 2003 Service Pack 2; Windows XP; Windows XP 64-bit; Windows XP Embedded; Windows XP Embedded Service Pack 1; Windows XP Embedded Service Pack 2 ; Windows XP for Itanium-based Systems Version 2003; Windows XP Home Edition ; Windows XP Media Center Edition; Windows XP Professional 64-Bit Edition (Itanium) ; Windows XP Professional 64-Bit Edition (Itanium) 2003; Windows XP Professional Edition ; Windows XP Professional x64 Edition ; Windows XP Service Pack 1; Windows XP Service Pack 2; Windows XP Starter Edition; Windows XP Tablet PC Edition.

Hai que decir que a instalación de Activesync é compatible con todos los modelos de Tom Tom.

Unha vez descargado poderá executarse o ficheiro

Para instalar o dispositivo GPS, necesitase realizar os seguintes pasos:

A primeira vez que se conecte o dispositivo, este, será detectado polo sistema operativo e o ActiveSync amosará o seguinte:

ActiveSync

ActiveSyn

ActiveSync

ActiveSync

Necesitarase, polo tanto, facer unha sincronización, tanto para un GPS como para un dispositivo móbil.

3. Carga de puntos de interese

A instalación dos puntos de interese no GPS Tom Tom poderá realizarse de dúas maneiras:

  • Mediante un dispositivo móbil
  • A través dunha tarxeta de memoria que soe estar incluida ou ben nunha PDA ou nun teléfono móbil.

3.1. Instalación dos POI a partir dun dispositivo móbil

Só para dispositivos GPS.

  1. É necesario abrir o explorador de arquivos para acceder ós ficheiros do GPS, posteriormente o usuario deberá entrar na carpeta de dispositivo móbil e posteriormente dentro da carpeta de Mounted Volume.

    Tom Tom

  • En Mounted Volume seleccionarase a carpeta de almacenamento dos mapas.

    Tom Tom

  • Posteriormente copiaranse os ficheiros de descarga de localización de puntos (os .ov2 e o .bmp) dentro da carpeta dos mapas.

  • Inseridos os puntos de interese na carpeta, procédese a desconexión do GPS e ó apagado do mesmo.

    3.2. Instalación dos POI a partir dunha tarxeta de memoria

    Esta opción poderá empregarse si se dispón dunha PDA ou dun GPS con tarxeta de memoria

    1. Deberá abrirse o explorador de arquivos para acceder ós ficheiros do GPS e entrar na carpeta de Storage Card, tarxeta de almacenamento.

    Abrirase a carpeta de almacenamento dos mapas

    Tom Tom

  • Copiar os ficheiros: Introduciránse os ficheiros descargados da web de Turgalicia, ficheiros .ov2 e .bmp, e se incorporarán á carpeta de almacenamento de cartografía

    Tom Tom.

  • O derradeiro paso sería a desconexión do cable USB do GPS para posteriormente poder visualizar os POI no receptor de maneira rápida e sinxela

    4. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPS Babel

    4.1 Carga de puntos de interese

    O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.

     

    Xunta de Galicia

    © 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
    Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

    Galicia
    Arriba