Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Top Ten: Dez lugares únicos > Top ten: Dez lugares únicos > Engadir á "Miña viaxe"

Propoñémosche estes plans...

ver máis...
Cabo Fisterra

DESTAQUE

Cabo Fisterra

O "finis terrae". Por que alguén querería ir á fin do mundo?

Costa da Morte

XEODESTINO

Costa da Morte

Aquí estaba a fin do mundo, o "Finis Terrae" dos romanos. Concretamente, en Cabo Fisterra, un lugar fascinante...

Top Ten: Dez lugares únicos

Cabo Fisterra

E, continuando coa temática xacobea, o noso percorrido continúa cara ao cabo Fisterra pois no auxe das peregrinacións había quen, logo de visitar o sepulcro de Santiago, prolongaba a súa viaxe ata estas terras para realizar un percorrido marcado no ceo pola Vía Láctea.

Ampliar
Fisterra foi considerado durante a Antigüidade como a fin do mundo coñecido. De feito, a súa posición xeográfica e os impresionantes solpores fixéronlle crer a Décimo Xuño Bruto (xeneral romano que dirixiu a conquista de Galicia) que este era, efectivamente, o lugar onde morría o sol. O contorno deste cabo foi un lugar máxico dende antigo, pois dise que neste lugar se atopaba a Ara Solis un altar, segundo di a lenda, no que os fenicios practicaban o culto ao sol. Así pois, animámosvos a facer un percorrido por este recuncho das nosas costas onde a maxia do lugar guiará os vosos pasos.
Á vosa chegada á vila de Fisterra visitade a zona do porto onde poderedes contemplar o ir e vir das embarcacións nun mar tan quedo que non vos dará a impresión de atoparvos na fera Costa da Morte. Perdédevos entre as rúas desta vila mariñeira e achegádevos a algunha das súas tabernas onde as anécdotas dos vellos lobos de mar vos acompañarán, ao tempo que dades conta dun bo prato de longueiróns como aperitivo ou de calquera outro saboroso produto destas bravas augas.
Continuade a viaxe cara á zona do faro, non sen antes detervos no santuario románico de Santa María das Areas que alberga no seu interior a venerada imaxe do Cristo da Barba Dourada. Conta a lenda que unha embarcación se desfixo del por ter dificultades na navegación, chegando á vila arrastrado polo mar. Non deixedes pasar a oportunidade de achegarvos a esta imaxe para poder comprobar en por vós se é verdade o que todos contan: aseguran que lle medran os cabelos e as unllas… No camiño cara á fin do mundo, debemos coñecer outro máxico lugar: as ruínas da ermida de San Guillerme, un lugar impregnado de poderes máxicos relacionados coa fecundidade.  De feito, este é un lugar ao que, aínda non hai moito tempo, acudían esperanzadas as parellas buscando un milagre para concibir o fillo que non chegaba.
Seguindo a mesma estrada, non é estraño que atopemos máis dun peregrino camiñando paseniño mentres se recrea nas vistas da ría de Corcubión, co Monte Pindo ao fondo.
Interésache...
- Máis info en www.concellofisterra.com
Unha vez no faro, as maxestosas vistas do acantilado sobre o océano Atlántico, o mar batendo con forza e a sensación de que non hai nada máis que se interpoña entre este anaco de terra e o novo continente agás toda esa auga, deixará pegada en vós, pois non todos os días se ten a oportunidade de ver o solpor na Fin do Mundo.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba