Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Patrimonio oculto > Itinerarios > Engadir á "Miña viaxe"
Ría de Muros e Noia

XEODESTINO

Ría de Muros e Noia

Muros ao norte e Noia ao leste son as capitais desta tranquila e fermosa ría.

Ría de Muros e Noia

RÍAS E PRAIAS

Ría de Muros e Noia

A ría ofrece innumerables praias, restos arqueolóxicos…

Patrimonio oculto

Un anaco de historia na ría de Muros e Noia

O patrimonio oculto das terras que bordean a ría de Muros e Noia vainos proporcionar un gran fato de sorpresas: castros rodeados polo mar, lousas que falan, cruceiros, muíños e moita da nosa historia gravada en pedra.

Interésache!

  • Inicio: Porto do Son
  • Fin: Muros
  • Xornadas: 2
  • Km (aprox): 70 Km
"Só digo que ningún mosteiro hai en Galicia por grande e groso que sexa, cuxa facenda sexa maior ou máis cualificada que a de San Xusto".
Antonio Yepes, Crónica Xeral da Orde de San Bieito
Outra información de interese...
Centro de Interpretación do Castro de Baroña:
Aberto de martes a domingo, de 10:30 a 14:00 horas. Máis info en www.portodoson.org..
Muíño de Mareas de Pozo do Cachón: 981 826 050

Percorrido - Día 1º

Comezamos a nosa aventura por terras de Porto do Son, no asentamento do castro de Baroña. O acceso ata o castro faise a pé por un camiño de terra custodiado por un gran piñeiral e unha fermosa praia.

Ampliar
Protexido por rochas, o mar e dúas murallas de cachotería ao seu redor, o castro conseguiu conservar en perfecto estado as 20 vivendas de planta circular ou oval do seu interior entre as que aínda podemos pasear. Por un intre, mirade como as ondas baten con forza contra as rochas e sentide o vento atlántico sobre a vosa pel… Esta é sen dúbida ningunha, unha perfecta panorámica castrexa! Xa no centro da vila, visitade o Centro de Interpretación do Castro de Baroña, onde poderedes empaparvos e coñecer mellor a vida e a cultura dos castrexos grazas aos paneis, pezas orixinais, reproducións e visitas guiadas. O centro está situado no edificio que albergaba a antiga Casa do Concello. Xa que estades en Porto do Son, paga a pena dar un pequeno paseo polo porto e tomar un delicioso aperitivo nalgunha das súas terrazas.
Continuando pola liña da costa chegamos á “Pequena Compostela”, como é coñecida a vila de Noia, para escoitar de preto as lápidas que falan. Para esta revelación é preciso acceder á igrexa de Santa María a Nova, edificada sobre unha Quintana de Mortos. Este cemiterio, onde se conserva unha gran colección de laudas sepulcrais, foi feito con terra traída dende Terra Santa en galeóns noieses, segundo conta unha das numerosas lendas da zona. Xa no interior desta igrexa gótica, paseade gozando co xogo de luces proporcionado polo seu impresionante rosetón. Sentade a contemplar con calma a capela plateresca e o altar de estilo barroco. Mais o que sen dúbida vos chamará a atención deste templo convertido en museo é o enorme depósito de laudas gremiais que flanquean os seus muros. Entre as máis de duascentas lápidas, podedes ver gravados o pico e a maza dun canteiro, as tesoiras dun xastre, o coitelo dun carniceiro, pasando pola áncora característica dos mariñeiros ou as figuras antropoides dos fidalgos. As máis antigas son as que representan oficios medievais.
Non podedes deixar Noia sen visitar o seu centro histórico, con encantadoras praciñas e soportais dignos de calquera vila medieval. Precisamente, cada ano no mes de xullo, esta zona engalánase con estandartes de época para celebrar a coñecida Feira Medieval.
Deixamos estes monumentos de pedra para dirixir os nosos pasos ao concello de Lousame, onde descubriremos o cruceiro do desencravo de Berrimes, obra do Santeiro de Chave. En realidade, todo o concello é moi rico nestes elementos arquitectónicos que salpican montes, encrucilladas, fontes, adros ou mesmo pontes.
Tamén en Lousame, visitaremos o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos ao que podemos chegar facendo unha ruta de sendeirismo seguindo o curso do río San Xusto. Unha camiñada moi agradable nun contorno verde, cheo de fervenzas, pontes medievais e ruínas de antigas fábricas. Ao chegar á contorna do mosteiro, paseade entre os restos do recinto que aínda se conservan como os muíños, a horta ou o pombal. A paz e o silencio ao que induce este lugar só se rompe co discorrer da auga sobre as rochas.
No próximo concello de Rois, atopamos outra pequena xoia: a igrexa barroca de San Vicente de Augas Santas que acolle retablos de 1738. Como remate para esta primeira xornada, poñemos rumbo a Muros. Aproveitade que vos cadra de camiño para facer unha derradeira parada ante o cruceiro do desencravo de Eiroa, unha obra de 1879 labrado nun único bloque granítico.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba