Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Actividades de turismo mariñeiro > Mariñeiro en terra > Engadir á "Miña viaxe"

Un mar de cultura!

Actividades, obradoiros, museos...

Actividades socioculturais, obradoiros, museos, centros de interpretación... Todo o que queres saber para entender e interpretar a vida mariñeira.

por páxina
Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

Muíño de Mareas do Pozo de Cachón

Desde o interior deste muíño de mareas poderemos ver a maquinaria para a moedura, dispoñendo de paneis informativos de todo o conxunto. Neste espazo tamén se desenvolven outras actividades como obradoiros e exposicións.
Reserve en: Muíño de Mareas do Pozo de Cachón
Caseta de Pepe do Cuco

Caseta de Pepe do Cuco

Esta caseta tradicional de mariñeiros aloxa unha pequena exposición sobre a historia do porto, artes de pesca, de marisqueo e embarcacións tradicionais e conta co único encascadoiro que se pode visitar na actualidade en toda a Galicia (lugar onde se pisa a casca para obter a tinta que protexe as redes).
Reserve en: Caseta de Pepe do Cuco
Castillo de San Carlos  (Museo del Mar)

Museo da Pesca – Castelo de San Carlos

O Museo da Pesca está situado no castelo de San Carlos (s. XVIII). Conta con paneis explicativos sobre a pesca en Galicia, a caza de baleas, os naufraxios da Costa da Morte, a chegada da conserva, embarcacións tradicionais, refráns e supersticións mariñeiras. Ofrece visitas guiadas a grupos explicando as artes de pesca máis típicas e os aparellos máis tradicionais. 
Reserve en: Castillo de San Carlos (Museo del Mar)
Museo do Mar de Rianxo

Museo do Mar de Rianxo

Coa visita ao museo faremos un percorrido polas distintas facetas da vida da vila de Rianxo en relación co mar, abordando a obtención do alimento mariño, a construción dos seus barcos, os medios de locomoción, as ferramentas que empregan, etc.
Reserve en: Museo do Mar de Rianxo
Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque

Centro de Interpretación Arqueolóxica do Parque Periurbano de San Roque Galicia

O centro de interpretación alberga exposicións sobre o mar e a pesca, os faros, as embarcacións tradicionais, as casas mariñeiras e a lonxa, entre outras.
Reserve en: Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque
Museo Anfaco da Industria Conserveira

Museo ANFACO da Industria Conserveira

O museo dispón de material de gran valor histórico que fai posible realizar un interesante percorrido pola historia da industria conserveira desde as súas orixes e pola historia da asociación empresarial creada polos pioneiros conserveiros coñecida como Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo.
Reserve en: Museo Anfaco da Industria Conserveira
Centro de Interpretación Aula-Activa do Mar

Aula Activa do Mar Santiago Gallego Picard

A exposición inclúe mostras de diversas artes e aparellos de marisqueo a pé e desde embarcación, ferramentas da construción de embarcacións tradicionais, maquetas de embarcacións da pesca artesanal, mostras das diferentes artes de pesca, simulación da ponte dunha embarcación pesqueira con diferentes aparatos de navegación e un espazo de proxección en forma de faro.
Reserve en: Centro de Interpretación Aula-Activa do Mar "Santiago Gallego Picard"
Centro de Interpretación da Conserva

Centro de Interpretación da Conserva

Este centro atópase nas instalacións da Fábrica de Conservas Goday, primeira fábrica de conservas de Galicia. Ten por finalidade divulgar as actividades do mar e da pesca, a recuperación da historia daqueles que traballaron na factoría. Conta coas primeiras máquinas automatizadas da época, que converteron Conservas Goday na máis moderna conserveira do seu tempo.
Reserve en: Centro de Interpretación da Conserva
Centro de Interpretación da Pesca e da Salga - CIPES

Salgadeiras de Moreiras

O edificio no que estaba instalada a antiga factoría de salgadura, hoxe restaurado, contén unha ampla exposición sobre os oficios derivados da pesca e o marisqueo. Tamén en Punta Moreiras atopamos esculturas mariñeiras, salgadeiras ao aire libre, o esqueleto dun navío ou varias pezas de antigos barcos. Todo isto nun mesmo espazo, adicado ás xentes do mar.
Reserve en: Centro de Interpretación da Pesca e da Salga - CIPES
Centro de Interpretación da Ría de Arousa - CIRA

Centro de Interpretación da Ría de Arousa – CIRA

O Centro de Interpretación da Ría de Arousa está complementado cun punto de información turística e dispón de información de Vilagarcía de Arousa  e das vilas que integran a ría de Arousa; non só desde o punto de vista turístico, senón tamén desde unha panorámica da xeografía, a cultura, a historia e a economía da zona.
Reserve en: Centro de Interpretación da Ría de Arousa - CIRA
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba