Danzas ancestrais de San Sebastián

As Danzas ancestrais de San Sebastián son unha mostra do folclore máis ancestral, que se remonta polo menos a 1650
2
0
Festa/Feira popular
As Danzas ancestrais de Cangas inclúen as danzas de San Cibrán de Aldán, San Roque do Hío e a danza e contradanza de Darbo. Estas tres resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo.   Coincidindo coa festividade de San Sebastián, a parroquia de Aldán viaxa no tempo e acolle unha mostra do folclore máis ancestral, unha danza que se remonta polo menos a 1650. Dez galáns, cinco damas e unha guía esperan no adro da igrexa á saída da procesión do Santo. Cando fai a súa aparición, fanlle a reverencia e van danzando á cabeza da comitiva, sen darlle en ningún momento as costas. Finalizado o percorrido, e antes de que o Santo entre de novo na igrexa, repiten a danza na súa honra. O atractivo desta danza reside tanto na súa coreografía centenaria como na indumentaria dos bailaríns, totalmente rara no folclore galego. Os varóns van ataviados cun traxe negro, sombreiro de feltro e zapatos negros, e as mulleres con vestidos brancos, mantón de Manila, mandil negro, e panos de distintas cores sobre os ombreiros. O máis vistoso da súa vestimenta son os espectaculares sombreiros, adornados con distintos tipos de flores, dos que penden fitas de cores, que son símbolo de fertilidade.
Arriba