Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda

O Folión vén acompañado da Mázcara
3
0
Festa/Feira popular

O son atronador do folión, con bombos, tambores,  cencerros e utensilios de labranza metálicos enche a localidade de Manzaneda durante este peculiar entroido, que nesta localidade é acompañado polo seu personaxe tradicional, a mázcara.

Os folións de Manzaneda son espectaculares polo seu ritmo compasado e ininterrompido e a elegancia e colorido das mázcaras, cos seus característicos gorros engarzados con cintas de cores e os seus saltos e danzas de orixe arcaica. O gran folión ten lugar o martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os folións de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Acaba sempre cunha comida popular a base de porco: chourizos, rabo..., a comida típica destas datas en Galicia.

Arriba
Axúdanos a mellorar!