Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Esta actividade deportiva está organizada polo Club Kayak Tudense e consiste en percorrer 17 km polo Miño en piragua con saída en Salvaterra de Miño e que remata nas instalacións de piragüismo e remo de Tui.
Os padexeiros participan nas categorías de cadete, xuvenil, sénior e veterano.
O Descenso Internacional do Miño de Tui é unha das competicións de descenso de ríos que máis prestixio outorga aos seus vencedores xa que se considera de “alta competición” debido ao nivel de exixencia requirido para acadar unha boa posición na meta. Entre os gañadores atópanse campións olímpicos e mundiais.
Xunto con esta competición desenvólvese o Descenso popular do Miño, que consiste en percorrer 7 km polo Miño, gozando da paisaxe que se pode ver a ambas marxes do río ao seu paso polos concellos de Tui e Valença, desde A Ribeira de Caldelas ás instalacións do Club Kayak Tudense. É un percorrido suave sen dificultades e apto para calquera persoa afeccionada ao deporte sen ser preciso que posúa un dominio da piragua.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración