Laboratorio de Arte Urbana

7H Cooperativa cultural
2
0

O Laboratorio de Arte Urbana é un obradoiro de iniciación e aprendizaxe colectiva no que as persoas participantes achéganse ás diversas disciplinas e técnicas a través da experimentación, polo que non é preciso contar con experiencia previa.

A arte urbana é unha disciplina creativa con infinidade de formas, técnicas e formulación, onde a liberdade é o factor común e onde se poden desenvolver proxectos colectivos e individuais no espazo público. 

O obradoiro está impartido por un equipo multidisciplinar de docentes pertencentes a 7H Cooperativa Cultural.

Programa:

  • 17 de setembro. Que é isto da arte urbana? Dos TAGs á arte contextual.
  • 19 de setembro. Adheridas... as pegatinas como material de iniciación.
  • 24 de setembro. Hackear a cidade: a contrapublicidade como técnica artística.
  • 26 de setembro. A peza artística na era da reproducibilidade: cartaces.
  • 1 de outubro. A peza artística na era da reproducibilidade: plantillas.
  • 3 de outubro. A peza artística na era da reproducibilidade: plantillas.
  • 8 de outubro. Das latas de spray ás instalacións: as tres dimensións como parte da creación.
  • 10 de outubro. Das latas de spray ás instalacións: as tres dimensións como parte da creación.
  • 15 de outubro. Vandalismo ou arte contextual? A arte urbana como ferramenta de transformación social.
  • 17 de outubro. Vandalismo ou arte contextual? A arte urbana como ferramenta de transformación social.

Nas sesións dos días 15 e 17 de outubro as persoas participantes no laboratorio realizan unha intervención mural no salón de actos na que se aplicarán as técnicas aprendidas.

A actividade está dirixida a maiores de 14 anos para un máximo de 20 persoas. É precisa a inscrición previa a partir do 1 de agosto ás 08:30h. É necesario ter o carné da biblioteca no momento da inscrición.

Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

As sesións realízanse das 18 ás 21h no salón de actos da biblioteca.

Arriba