Xacobe Martínez Antelo Trío nos clubes

Concerto a cargo de Xacobe Martínez Antelo
2
0
Concerto

Sobre composicións orixinais de Xacobe, articúlase o trío máis jazzero do incombustible contrabaixista compostelán...

Aquí tes o cuarto traballo discográfico de Xacobe Martínez Antelo como líder. Despois de “Isto é Jazz” (2005), “Xacobe Martínez Antelo Trío” (2008) e “Jazz from Galiza” (2010), o prolífico contrabaixista de Compostela presenta “CAPTURAS” (2019).

Coa súa nova formación a trío, composto por Xacobe Martínez Antelo ó Contrabaixo, Xosé Miguélez ó saxo tenor e Max Gómez á batería, presentan un traballo profundo, maduro, absolutamente ancorado no presente, e que rebosa música polos catro costados. Oito composicións orixinais inspiradas en feitos cotiás e realidades que nos agreden, que nos acompañan, ou que forman parte do noso contexto vital.

Arriba