Novembro. Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia (2019)

Actividades na Biblioteca de Galicia.+info
2
0

PROGRAMA:

*9 de novembro, ás 17:00 h, nas salas I e II.

'Escape Room - Ciencia de escape': Obradoiro para dar a coñecer contidos científicos potenciando a lóxica e a axilidade mental, impartido pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia.

Público: de 12 a 15 anos.

Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (25 prazas)

*16 de novembro, ás 17:00 h, na sala I.

'Animal Print: As cores da biodiversidade': Actividade de expresión artística sobre a apariencia externa dos animais do océano como medio de comunicación, impartida pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia.

Público: de 12 a 15 anos.

Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (40 prazas)

*23 de novembro, ás 17:00 h, na sala I.

'A festa dos electróns': Obradoiro de experimentos coa electricidade, impartido por: Tú y yo...Educa.

Público: de 6 a 10 anos.

Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (40 prazas).

*30 de novembro, ás 17:00 h, na sala I.

'¿Como podemos acabar coa contaminación mariña?': Obradoiro sobre a problemática da contaminación mariña nos océanos, impartido pola Asociación de Divulgadores Científicos.

Público: de 12 a 15 anos.

Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (40 prazas)

 

 

 

Tipo de evento:
Arriba