Danzas Ancestrais de Darbo

Danza en honor a Santa María de Darbo
2
0
Festa/Feira popular

As festas de Darbo están consideradas como unha das máis afamadas de todas as Rías Baixas sendo un exemplo da mellor tradición de romaría. A continuación da celebración dos oficios relixiosos, chega o mellor momento: a procesión ao redor do templo da patroa de Darbo, Santa María, ao longo dun percorrido que se achega ao medio quilómetro. Ao seu final báilase a tradicional Danza e Contradanza diante da imaxe da Virxe, no adro da Igrexa Parroquial de Santa María de Darbo.

Xa pola tarde, ten lugar unha segunda misa, sobre as sete, á cal lle segue, de novo, a Danza e Contradanza, que ten unha duración aproximada de tres cuartos de hora. Este baile está considerado como unha das pezas máis antigas de Galicia, herdada e transmitida durante séculos polos antepasados.

A danza data do século XVI e bailábase para dar grazas á Virxe por favores recibidos durante o ano.
Participan dez galáns, cinco damas, un gaiteiro e un tamborileiro, todos eles dirixidos por un guía que marca o tempo da Danza e da Contradanza.

Arriba
Axúdanos a mellorar!