Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Constrúe a túa viaxe
Información práctica
Con máis de trinta e cinco anos de historia (desde 1976), a Festa do Queixo de Arzúa tense consolidado como unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia, tanto pola calidade do produto protagonista como polo interese dos actos programados.
Durante a primeira fin de semana de marzo, esta localidade da Galicia interior programa tres noites de música con artistas de primeira liña, que son a culminación de densas xornadas de teatro, concursos e actividades para nenos, que poden incluso participar nun obradoiro para elaborar queixo. Pero, sobre todo, son xornadas para coñecer e gozar deste alimento de fabricación artesá. A Asociación de Hostaleiros de Arzúa e a Denominación de Orixe 'Arzúa-Ulloa' participan na organización dun concurso de tapas e pinchos que ten lugar nos establecementos do municipio o venres e o sábado. Os produtores da zona contan tamén con espazos para amosar e vender os diferentes queixos, frescos ou curados.
O queixo de Arzúa amparado baixo a marca de Produto Galego de Calidade, conta coa súa propia Denominación de Orixe 'Arzúa-Ulloa' e co control dun Consello Regulador que certifica que foi elaborado co método tradicional, a partir de leite enteiro de vaca, nos concellos de Arzúa, Cuntis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar, Friol, Monterroso e Palas de Rei.
Unha das principais calidades desta festa é a de conxugar unha actividade tradicional, como é a gandaría e a elaboración do queixo, con expresións artísticas e lúdicas de vangarda, como os encontros de artistas urbanos ou os concertos de música.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración