Sé infiel y no mires con quien

Despois de dez tempadas en cartel, chega esta divertida comedia cun éxito que reside en converter a risa na terapia que necesitamos para ver a vida doutro xeito.
2
0

Luís é propietario dunha editorial de libros para a infancia en horas baixas. O seu socio e amigo Álvaro, con quen comparte oficina, pídelle que lle preste o seu apartamento pola noite para «entreter» á súa última conquista.

Ao mesmo tempo Rocío, a muller de Álvaro, tamén lle solicita a Bea, a muller de Luís, o apartamento para esa mesma noite. Vaia lea de saias e pantalóns! Pero é que ademais, ninguén sabe que Óscar, o deseñador de interiores que estivo a decorar o elegante piso durante os últimos 3 meses e o seu amante, a empregada do fogar, decidiron que tamén esa mesma noite probarían a nova cama.

Arriba