Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Constrúe a túa viaxe
Información práctica
Desde o Domingo de Ramos ata o de Resurrección, sucédense sen parar as procesións que rememoran a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. As rúas de Ferrol énchense de fervor relixioso e bulicio, ao redor dos pasos das súas cinco confrarías, herdeiras dunha tradición secular e dun espírito de fondo calado popular que resiste aos cambios sociais e xeracionais. Vistosas, multitudinarias, emotivas e solemnes, destacan entre todas elas as do Venres Santo: pola mañá, o Santo Encontro, na praza de Amboage; pola tarde, a do Santo Enterro, de marcado carácter litúrxico, na que leva a Santa Urna, toda unha reliquia da Semana Santa ferrolá e, pola noite, a estremecedora procesión dos Caladiños, que percorre as rúas do centro histórico da Magdalena, cos pasos de San Xoán, Cruz Sudario e a Virxe das Dores, e retírase de madrugada, tras o tradicional canto de Sálvea.
O Xoves Santo ten lugar a procesión do Santísimo Cristo da Compaixón e María Santísima da Piedade, a máis longa e numerosa de todas, na que participan 1.800 confrades, sete pasos e nove bandas de música e que finaliza co emotivo canto dos militares da Brilat.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración