Semana Santa de Mondoñedo

Na Procesión da Soidade cántase o Plorans (do Mestre Pacheco), que só se pode cantar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid
2
0
Festa/Feira popular

A Semana Santa mindoniense presenta unhas raíces históricas que chegan máis aló do século XVI, é un exemplo de sinxeleza e sobriedade reflicto da Fe popular desta zona de Galicia.
A Semana Santa de Mondoñedo é de recollemento e de vivencia interior.

A Procesión e Misa de Ramos, Procesión do Ecce Homo, Procesión do Prendimiento, Adoración do Santísimo, Procesión do Santo Encontro, Procesión do Santo Enterro, Procesión da Soidade, son as máis destacadas manifestacións públicas desta semana Santa con tantos séculos de historia.

E no centro de todo isto a Catedral de Mondoñedo, que é o punto central dos actos, tanto litúrxicos como procesionais. O Triduo Pascual (actos de xoves, venres e sábado) celébrase nela baixo a presidencia do Bispo da Diocese e nela comezan e acaban procesións tan representativas como o Santo Enterro ou a Soidade o Venres Santo.

A Semana Santa de Mondoñedo, que arrinca o Domingo de Ramos e acaba o Sábado á tardiña coa celebración da Pascua, reúne tradición, historia e recollemento nunha contorna incomparable como son as rúas do Centro histórico Mindoniense presidido pola súa Catedral Basílica da Asunción.

 

 

Arriba