30 abr 2021

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2021 pola que se regulan as bases para a concesión dunha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, e procédese á súa convocatoria (código de procedemento TU981 B)

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria unha bolsa de formación práctica especializada na oficina española de turismo en Roma durante os anos 2021 e 2022, dirixida a persoas tituladas nos últimos anos que acrediten o coñecemento da lingua oficial do país.

A bolsa, dotada cun orzamento global de 40.584,60 euros por parte da Xunta, prevén unha estadía formativa de ata 18 meses en Roma. O obxectivo da bolsa é fomentar o perfeccionamento profesional do/da bolseiro/a mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores con suxeición ás indicacións que lle transmita o titor que teña asignado e a dirección da oficina de destino.

Ademais de acreditar o coñecemento da lingua galega, deberán certificar a lingua oficial do país. Os aspirantes serán avaliados polo seu curriculum e os resultados da realización dun test de coñecementos turísticos, un caso práctico e entrevista persoal.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!