Galicia é un destino seguro e de calidade, que mellora o seu posicionamento nacional e internacional tras a crise da COVID-19 con base nos seus atributos característicos: a natureza e a paisaxe, a hospitalidade da súa xente, o patrimonio, a gastronomía e a cultura propia que lle outorgan o seu carácter singular e único, co Camiño de Santiago como principal embaixador da marca Galicia.

Co obxectivo de impulsar coa maior celeridade posible a reactivación turística de Galicia tras a crise sanitaria, económica e de emprego provocada pola COVID-19 no sector, xorde un novo Plan Director para o horizonte 2021-2023. Baixo o título “Galicia Destino Seguro”, trátase dunha folla de ruta coa que a administración e o sector turístico avanzan nun proceso de transformación para dotalo dunha oferta forte e consolidada que permita recuperar en 2023 os indicadores de ocupación, rendibilidade e gasto previos á crise.

 

Para acadar estes obxectivos estratéxicos, o Plan Director apoiase en catro piares:
  • A calidade como sinal de identidade do sector
  • A seguridade e hospitalidade do destino
  • O uso intensivo da tecnoloxía e o impulso da innovación
  • A sustentabilidade 360º como elemento vertebrador
 Sobre a base destes obxectivos e destes piares estratéxicos estrutúrase unha estratexia con sete obxectivos estratéxicos, 42 plans de acción e 273 propostas operativas que se están a despregar no horizonte de 2021, 2022 e 2023.
 
Con eles aspírase a recuperar a senda do crecemento que o turismo en Galicia marcaba en 2019 antes da irrupción da pandemia. Neste proceso de recuperación, esta nova estratexia turística tamén contempla como motor de recuperación a celebración deste Xacobeo 2021-2022 así como o horizonte de celebración dos vindeiros Anos Santos (2027 e 2032) que están chamados a exercer de panca de aceleración na recuperación dos viaxeiros internacionais, contribuíndo a asentar un modelo turístico rendible e de calidade no que se antepoñan os obxectivos cualitativos aos cuantitativos. 
 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!