30 mar 2023

CURSO ITALIANO TURÍSTICO BÁSICO

Pechado

CURSO ITALIANO TURÍSTICO BÁSICO

Para solicitar praza: Pique aquí

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  cunha oferta de 40.000 horas de formación en diferentes linguas para que os profesionais do sector poidan  mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia.

O curso de Italiano Turístico Básico, de 75 horas de formación,  permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua italiana  ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás, dunha maneira autónoma, como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais básicos como os artigos, a conxugación, os nomes e outros. Aumentarás os teus coñecementos neste novo idioma para empezar a atender clientes en italiano.


METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.


NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO
: A1 introdución


DATAS:

Solicitude de praza: do 16 ao 26 de marzo

Confirmación admitidos: 27 de marzo

Duración do curso: Do 30 de marzo  ao 15 de xuño ( 11 semanas)

Exame: do 19 ao 22 de xuño

 
Nº PRAZAS:
100


DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua italiana para comunicarse con turistas e peregrinos.

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego   no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final  en liña na Plataforma de Turismo de Galicia,  en horario libre, que poderá facer entre o luns 19 de xuño o e o xoves 22 de xuño ate as 14:00 horas.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Para solicitar praza: Pique aquí
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

Arriba